Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 18 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG de Mos non comparte "que as Comunidades de Augas de Tameiga non queiran falar co Celta"

[Img #43273]

 

Para BNG, "o Celta é unha empresa privada máis que quere trasladar a súa  cidade  deportiva dende o concello de Vigo ao de Mos, como moitas empresa que xa o fixeron antes e outras que o farán máis adiante" explican nun recente comunicado.

 

Para os nacionalistas o problema ven, porque "ademais da cidade deportiva, ven un centro comercial e onde se quere instalar non está destinada para usos terciarios no PXOU  aprobado recentemente neste concello (co voto en contra do BNG),  por iso, ante a petición do Celta  de instalarse nos montes comunais de Pereiras e  Tameiga , no pleno de xaneiro do 2018 pedimos por parte do  BNG un informe externo ao concello, que complementado co informe interno da secretaria do concello , aseguraríanos a legalidade deste proceso. A petición do BNG foi aprobada por  unanimidade e dito informe xa foi encargado. Mentres non se confirme o contrario, consideramos que esa modificación do plan está dentro da legalidade" aseguran.

 

O NBG nada máis coñecer a existencia do proxecto do Celta "comezou unha  rolda de reunións cas Comunidades de Montes é Augas afectadas, sendo os primeiros en darlle a pouca información que tiñamos naquel intre e poñéndonos a súa disposición para o que precisaran, tamén tivemos reunións coa  Alcaldía e máis coa empresa  Celta  SAD., xa  que desde esta organización entendemos imprescindible escoitar a tódalas partes implicadas".

 

En todas as reunións que tivemos mantiveron a postura de  "primeiro que falaran os axentes directamente implicados, quedando ao marxe os partidos políticos para non interferir, pero sempre expectantes para que non se pasara por riba dos intereses veciñais", despois cando rematese este proceso valorarían "nunha asemblea  no BNG de Mos onde votaríamos que postura tomar tendo en conta tamén que como organización política temos que valorar a incidencia do proxecto no conxunto do concello. Aínda  que ante o que a nosa militancia nos transmite, vemos case imposíbel que poidamos apoiar o proxecto".

 

Dende o BNG de Mos,  manifestan que "non compartimos que as Comunidades de Augas de Tameiga non queiran falar coa empresa Celta, xa que o feito  de  falar non implica  aceptación de nada, e na nosa opinión, ese non querer falar pode supoñer  o non auxilio que a Conca Hidrográfica  Miño-Sil debe exercer ante ditas comunidades.  Sempre hai que esgotar os pasos legais que nun futuro poden inclinar a balanza se chegan a xuizos. Como o órgano máximo de decisión destas comunidades é a asemblea de comuneiros, o BNG tomará en consideración a posición que tomen e actuará en consecuencia".

 

Doutra banda, para os nacionalistas, un "dos grandes erros deste proxecto foi e segue sendo, o vender 'a pel do oso antes de cazalo', é dicir, que xa se dá como feito o proxecto cando non se teñen os terreos. Iso é comezar a casa polo tellado e o que fas é ningunear aos donos dos terreos que parecen non pintar nada na cuestión, cando son unha parte imprescindible se queren facer algo".

 

O BNG tamén considera un erro "o acto de presentación do proxecto gañador da cidade deportiva da empresa Celta deste venres no multiusos das Pozas".

 

"A  presentación non deixa de ser un acto de  apoio ao proxecto do Celta, o que incide no erro que dixemos con anterioridade. A cidade deportiva tal como está a situación urbanística non se pode levar a cabo, só poderían facer dous campos de fútbol pero sen todos os anexos que requiren no proxecto, por iso incidimos que se está pondo o carro antes dos bois. O que hai na actualidade é un alugueiro dos terreos por parte da CCMM de Pereiras. A empresa Celta sempre ligou a cidade deportiva ao centro comercial, pois ben, os terreos onde ten que ir o centro comercial é propiedade da CCMM de Tameiga e ata esta data o Celta non pasou unha soa proposta por escrito a esta comunidade de montes. Todo este tipo de actos poden entenderse coma unha provocación ante os veciños que están afectados e non teñen aínda un acordo , podendo chegar a crecer o malestar social que hai na parroquia de Tameiga", aseguran dende o BNG

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.