Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 13 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Cinema e música no comezo no Verán Cultural en Tui

Hoxe ás 22.30 ha praza de San Fernando proxéctase BigFoot. Mañá actuación da Banda de Música Popular de Tui e domingo concerto solidario

[Img #43139]

 

Cinema e música marcan o inicio da programación do Verán Cultural en Tui.


O ciclo “Cinema no verán” comeza hoxe, venres 13 de xullo, as 22:30 na Praza de San Fernando coa proxección de  “El hijo de Bigfoot”.  A película de animación achéganos a historia dun adolescente, Adam, que vive a aventura da súa vida cando busca ao seu pai e descobre que é o lendario Bigfood, e que ademáis el mesmo ten poderes para falar cos animais. A película ten unha duración de 92 minutos e vai dirixida a todos públicos.


Este ciclo continuará o venres 27 de xullo ás 22:15 con “Cavernícola”, o 3 de agosto ás 22:15 coa proxección de “Coco” e o venres 24 de agosto ás 22h con “Ferdinand”.


Xa tanto mañá sábado coma o domingo a música será a gran protagonista.  Mañá ás 21.30h na praza de San Fernando a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá o primeiro dos tres concertos na rúa que ten previstos este verán.  O variado repertorio que interpretarán comezarán un cun pasodobre, para continuar con rapsodias galegas e portuguesas, pasando por outros temas de Nino Bravo ou Abba.


Mentres o domingo a cita será no Paseo Fluvial co concerto solidario organizado polas bandas de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e San Xoán de Paramos. A entrada terá un prezo de 3€ e todo o recadado será destinado aos afectados pola explosión do pasado 23 de maio. Ás 21.30h actuará o alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui e logo as bandas de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e San Xoán de Paramos. Previamente, dende ás 19h, haberá petiscos, bocadillos e bebida, para disfrutar dunha tarde solidaria na beira do río.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.