Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 16 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Máis de 100 nenos e nenas participarán na primeira quenda do Campamento de Verán

Hoxe luns 16 de xullo iniciarase no novo pavillón deportivo municipal de Tui

[Img #43153]

O Campamento de Verán do Concello de Tui dará comezo este luns, 16 de xullo, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, coa primeira quenda, que rematará o martes 31 de xullo.


Nesta quenda participarán máis de 100 nenos e nenas, que realizarán diferentes actividades deportivas e de lecer, nos espazos habilitados no noso concello.


O campamento dará comezo ás 09.00 horas, aínda que os monitores estarán na aula matinal dende as 08.00 horas, para todos os pais e nais que así o solicitaran.


Ás 09.30 horas, tras a recepción dos participantes, realizarase o acto de presentación, ao que están convidados todos os pais e nais dos nenos e nenas inscritos, onde a coordinadora do campamento explicará as normas básicas do mesmo.


Como primeiro día, os participantes deberán acudir con roupa cómoda, cunha mochila coa merenda de media mañá, unha botella de auga e unha gorra.


A segunda quenda do campamento dará comezo o mércores 1 de agosto e rematará o martes 14 de agosto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.