Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 15 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Oito nenas e nenos saharauís pasan as súas Vacacións en Paz no Baixo Miño e no Val Miñor

Foron recibidos esta semana no Concello de Tui que colabora hai unha década con esta iniciativa

[Img #43152]

 

O Concello de Tui leva máis de dúas décadas colaborando coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí no programa “Vacacións en paz”. Unha iniciativa que permite a nenos e nenas saharauís pasar o verán en Galicia, lonxe das inhóspitas condicións do deserto, e acceder a unha asistencia sanitaria que no seu lugar de orixe é moi difícil.  Este ano son sete nenas e un nenosos que até comezos do mes de setembro pasarán esta época estival no seo de familias acolledoras nas comarcas do Baixo Miño e do Val Miño.


Sete deles – o oitavo non puido acudir - foron recibidos na casa do concello de Tui polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, e a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Muradas, que lles entregaron uns agasallos e compartiron uns momentos con elas e eles e as súas familias de acollida. Tamén estivo presente  o delegado na zona de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí Xosé Enrique Porto, quen explicou que amais de coñecer o mar, outra cultura, e aprender o castelán son fundamentais as revisións médicas.


Ir á praia, á piscina, comer pizza ou pasta, pasear... son algunhas das actividades preferidas destes cativos na súa estadía en Galicia. Algúns xa disfrutaron do verán galego en anteriores ocasións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.