PROVINCIA
A Xunta e o Concello de Pontevedra avanzan no proceso de comarcalización do parque de bombeiros
Coa comarcalización, que non suporá ningún custo adicional para o concello, poderíase prestar atención a máis de 172.000 habitantes, ben a través de actuación directa ou como recurso complementario a outros servizos existentes
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, reuniuse a, semana pasada coa concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva, para presentarlle ao concello a proposta de comarcalización do parque de bombeiros e avanzar así na mellora da atención ás emerxencias nas poboacións do contorno.
A comarcalización, que non suporá ningún custo adicional para o concello, permitirá dar servizo a máis de 172.000 habitantes, ben como primeira opción ou como segundo recurso. Así, prestaría unha actuación directa nos concellos de Barro, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa; mentres que exercería como recurso complementario a outros servizos xa existentes para as localidades de Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Meis e Portas.
Os criterios que se aplicarían para a comarcalización partirían do modelo que xa se está aplicando con éxito no concello de Ferrol desde 2013, pero adaptados ás circunstancias actuais e particularidades de cada concello.
A Xunta agarda que con este encontro se poida desbloquear a situación na provincia de Pontevedra onde, a diferenza de na Coruña, Ourense e Lugo, non se puido chegar a ningún acordo coa Deputación.
O Goberno autonómico agarda que a Deputación de Pontevedra abandone a súa oposición a este plan, que xa se está desenvolvendo nas provincias da Coruña, Ourense e Lugo
Por iso, o Goberno galego decidiu neste caso -tras un acordo coa Fegamp- manter primeiro encontros cos concellos de Pontevedra e Vigo para presentarlles a súa proposta, aínda que no resto de territorios o acordo previo foi sempre coas deputacións e, posteriormente, tratado cos concellos afectados. Cómpre lembrar que as institucións provinciais son as competentes en materia de emerxencias para concellos de menos de 20.000 habitantes e a súa participación económica é imprescindible para desenvolver as comarcalizacións.
A comarcalización como vía de atención máis rápida e eficaz para as emerxencias foi respaldada desde o inicio polo Grupo de Traballo polas Emerxencias, no que están integrados tódalas administracións implicadas, gobernadas por forzas políticas de distinto signo. Este consenso permitiu pactos, no que vai de ano, cos concellos de Santiago de Compostela, Ourense e Ferrol.
A comarcalización dos parques das cidades e a creación de novos servizos nas zonas de sombra, previstas pola Xunta de Galicia e abordadas no Grupo de Traballo polas emerxencias, permitirán que, cando se produza unha incidencia, se estenda o tempo de resposta de 20 minutos dun 65 a un 90% do territorio e dun 87 a un 95% da poboación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217