Viernes, 02 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 19 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

XII Festival Nigranjazz Masterclasses

[Img #43245]

 

O Festival Nigranjazz ofrece este ano dúas clases maxistrais a cargo de dous dos guitarristas de jazz máis relevantes da súa xeración: Peter Bernstein e Jesse Van Ruller. As clases están abertas a calquera instrumentista pero especialmente recomendadas para guitarristas.

 

O Venres 27 actúa Peter Bernstein, sen dúbida un dos nomes propios da guitarra jazz no último cuarto de século, dono dun son inconfundible e dun fraseo herdado dos grandes clásicos coma Wes Montgomery, Jim Hall, Grant Green. Peter é un dos músicos máis solicitados e respetados dentro do Jazz internacional e ten traballado con Sonny Rollins, Brad Mehldau, Joshua Redman,  Lee Konitz, Lou Donaldson, Dr. Lonnie Smith… Ademáis de ter una prolífica e brillante carreira coma líder e ao frente tamén do trío coliderado con Larry Goldings e Bill Stewart, o mellor trío de órgano da última década segundo o New York Times.

 

O Sábado 28 tomará a palestra Jesse Van Ruller, o guitarrista holandés é probablemente un dos músicos europeos máis recoñecidos na escea americana, foi o primeiro europeo en gañar a prestixiosa Thelonious Monk Competition. É dono tamen dun son e un estilo inconfundible fortemente anclado na tradición da guitarra jazz. Ten gravado e tocado con músicos coma Tom Harrell, Clarence Penn, Sam Yahel, Seamus Blake, Bill Stewart… Ten xa una longa e brillante carreira coma líder ou coliderando proxectos coma Chamber Tones.

 

As clases terán lugar no Auditorio do Concello (Praza da Constitución s/n) o Venres 27 e Sábado 28 de Xullo entre as 12:30 e 14:00.

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.