GALICIA
A Xunta anuncia no Diario Oficial da Unión Europea a licitación das obras da estación de autobuses intermodal de Vigo
Este anuncio previo permitirá reducir os prazos do proceso de contratación dos traballos, acurtando de 35 a 15 días naturais o prazo de presentación de ofertas
A Xunta de Galicia publicou esta semana no Diario Oficial da Unión Europea o anuncio previo da próxima licitación da estación de autobuses intermodal de Vigo. Este trámite permítelle á Consellería de Infraestruturas e Vivenda acurtar os prazos legalmente previstos para o proceso de contratación dos traballos.
Grazas á publicación do anuncio previo, cando se liciten as obras, será posible reducir o prazo para a presentación de ofertas desde o mínimo establecido de 35 días naturais ata 15 días naturais, acurtando así a duración do período de contratación.
O Goberno galego prevé licitar as obras da nova estación de autobuses integrada na terminal de ferrocarril de Vigo en canto conte coa imprescindible aprobación urbanística, que se acadará a través da Lei autonómica prevista para proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese.
Debido á falta dun PXOM que responda ás necesidades de Vigo, o Goberno galego facilitará esa aprobación urbanística a través da Lei de medidas en proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese
Hai que ter en conta que a estación de autobuses intermodal de Vigo forma parte dun proxecto máis amplo, formado tamén pola terminal de ferrocarril xa construída en Urzáiz e o Centro Vialia proxectado.
Debido á falta dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) actualizado en Vigo, a Xunta, o Ministerio de Fomento e o Concello acordaron tramitar a aprobación urbanística a través da devandita Lei autonómica 3/2016, impulsada precisamente polo Goberno galego para evitar que a cidade quedase paralizada tras a anulación xudicial do Plan xeral.
A pesar de que a Xunta o viña demandando desde moito antes, foi durante esa tramitación cando o Concello de Vigo decidiu asumir a súa responsabilidades nos accesos. Así, tardiamente, a Administración local solicitou incorporar ao proxecto uns accesos que supoñen unha ambiciosa actuación urbana, e que contou co visto e prace tanto do Ministerio de Fomento como do Goberno galego. As tres administracións pecharon recentemente un convenio de colaboración para o cofinanciamento desas obras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87