Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 31 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Por fin o nome de Soledad Castro lucirá no Pavillón Pena de Francia

[Img #43327]

 

A Xunta de Goberno Local mosense aprobou este mes o convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte, a Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Mos para a execución da obra de reforma e de susbstitución de material de cubrición e fachadas no Pavillón Pena de Francia.

 

A reforma do Pavillón ten un orzamento de 100.000 euros a asumir a tres bandas entre a Secretaría Xeral para o Deporte (50.000 euros), a Dirección Xeral de Administración Local (40.000 euros) e o Concello de Mos (10.000 euros) e iniciarase o vindeiro mes de agosto, tal e como informou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, prolongándose durante uns 2 meses. A rexedora local mosense avanzou a este respecto que “estimamos poder celebrar en outubro un acto con Soledad Castro, que dará nome ao novo pavillón de Pena de Francia”.

 

O proxecto de obra a realizar no Pavillón Pena de Francia inclúe a substitución da cuberta do pavillón para solucionar as humidades na zona de xogo procedentes das escorrentías de augas da zona alta da parcela e as filtracións na cuberta, pranchas movidas e posiblemente rotas, debido ao efecto do vento no interior do recinto.

 

O Pavillón Pena de Francia foi parcialmente derruido polo temporal do pasado ano 2017 (mes de febreiro). Reparáronse as paredes caídas, vestiarios e pista, pero era tamén necesaria a reforma da cuberta que se iniciará o mes que ven.

 

Actuacións xa realizadas

A administración local mosense logrou financiación autonómica para o cambio do solo da instalación deportiva e a reforma dos vestiarios, xunto co levantamento das novas paredes que asumiu o seguro e a acometida do tellado da que se fixo cargo o propio Concello. O orzamento da reforma ascendeu a 300.000 euros que se financiou unha parte con cargo ao seguro, outra con fondos propios municipais e unha terceira parte, a correspondente ós traballos de drenaxe, foi asumida pola Xunta de Galicia.

 

As obras executadas no pavillón consistiron fundamentalmente na reposición total das paredes, cuberta e o solo. Máis detalladamente os traballos realizados foron limpeza e retirada de todos os entullos, limpeza da primeira fiada de bloque, que se atopaba delimitando perimetralmente as dúas fachadas, escavación das dúas fachadas para a realización da cementación das paredes, formigonado e armado da cementación para enlazar as paredes, realizar unha repartición da lonxitude total da fachada en 4 vanos; realización dun novo cerramento, retirada e nova colocación da carpintería metálica exterior (fiestras), colocación de carpintería metálica na fachada principal, disposición da instalación eléctrica nas paredes e repaso da cuberta.

 

A pesar dos traballos realizados, ao tratarse dunha construción de máis de 20 anos de antigüidade, o Pavillón precisaba de melloras a maiores na cuberta que agora se acometerán.

 

Pavillón Soledad Castro

 

“Consideramos que a atleta Soledad Castro Soliño é sobradamente merecedora de darlle nome ás novas instalacións cando estas estean totalmente reformadas”, declarou Nidia Arévalo, alcaldesa mosense.

 

Unha vez reformadas integralmente, as novas instalacións deportivas levarán o nome de Soledad Castro en recoñecemento á súa traxectoria e aos seus éxitos deportivos de xeito que o Pavillón Pena de Francia pasará a chamarse “Pavillón Soledad Castro”.

 

Este será o recoñecemento oficial que dende a administración local se lle fai a esta gran deportista, que comezou xogando nun equipo de fútbol feminino da parroquia de Tameiga, fichando logo polo Abrente e que se iniciou no atletismo aos 19 anos, no Celta de Vigo. En novembro do 1992 fichaba polo Comesaña Sporting Club.

 

Sole Castro conta no seu palmarés con numerosas medallas en campionatos a nivel galego e español en campo a través, 10.000 m, 3.000 m e media maratón. Nas competicións internacionais salientan: en 2017 Campioa do Mundo de Media Maratón W-50 na cidade coreana de Daegu, en 2016 Campioa do Mundo de Atletismo de Montaña W50 na localidade de Susa, pertencente á Rexión Piamontesa de Italia, en 2002 Campioa de Europa veterana de 5.000 m e 10.000 m en Potsdam (Alemaña); en 2003 Campioa do Mundo veterana de 10.000 m e Subcampioa do Mundo veterana de Campo a Través e 5.000 m en Carolina (Porto Rico); en 2004 Subcampioa de Europa de 5.000 m e 10.000 m en Århus-Randers (Dinamarca); en 2005 Campioa de Europa W35 de Media Maratón, 2ª xeral en Monte Gordo (Portugal).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.