O Porriño
A policía local do Porriño arresta a un home condenado por un delito de lesións
Atopábase fuxido da xustiza
![[Img #43331]](upload/img/periodico/img_43331.jpg)
Axentes da Policía Local do Porriño detiveron o pasado domingo, día 15, a un individuo de 38 anos de idade, que atopábase fuxido da xustiza tentando evitar o seu ingreso en prisión e, deste xeito, forzar a prescrición da súa condena.
A orde de busca e captura para o seu traslado á prisión fora ditada polo Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra, logo de que este home fora xulgado e atopado culpable dun Delito de Lesións.
Logo da súa detención, foi conducido, este luns, polos axentes ao Xulgado de Instrución nº 2 do Porriño, en función de garda, e dende o mesmo emitiuse a orde para o seu traslado á cárcere de A Lama.
Non é o primeiro arresto deste tipo que fai a Policía Local do Porriño este ano: o pasado mes de febreiro fora detido un home que levaba un ano fuxido dende que o Xulgado do Penal número 3 de Vigo ordenase o súa entrada en prisión.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11