Miércoles, 10 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 13 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

O Plan Municipal Anual contra a Vespa Velutina instala 300 trampas en Mos

Tras a instalación de trampas preventivas chegou o momento da retirada de niños en activo

[Img #43332]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Cándido Pérez, informaron  da fase na que se atopa a campaña municipal anual contra a Vespa Velutina, que este 2018 realízase por terceiro ano consecutivo e que se iniciou o pasado mes de marzo.

 

Este Plan, que conta coa colaboración do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, consta de tres partes fundamentais: información, prevención e actuación. A información á poboación realízase mediante charlas abertas e actividades informativas específicas organizadas para colectivos.

 

A parte de prevención consistiu na instalación de 300 trampas para a erradicación de novos niños evitando a súa formación, que se colocaron entre o pasado mes de maio e principios do mes de xuño. Estas trampas financiáronse con fondos propios municipais.

 

As trampas están destinadas á regularización e captura de raíñas fundadoras deste insecto. Desta maneira trátase de reducir a poboación do mesmo menguando así o número de niños de Vespa Velutina para tranquilidade da poboación, e para evitar os custes que supón a desactivación dos devanditos niños unha vez formados, reducir os danos en cultivos fructícolas e contribuir á protección das abellas autóctonas.

 

 

As trampas colocadas este ano instaláronse sobre todo nas zonas potencialmente máis conflitivas como son os lugares onde había niños de Vespa Velutina, preto de árbores con flor ou que poideran ter pole ou pulgón, e de galpóns nos que se garda material apicultor. Sempre nun radio de entre 200 e 400 metros de distancia dos devanditos puntos. Reforzando sobre todo as zonas próximas a ríos e regatos, que son as máis perigosas.

 

Fase actual de actuación

 

Finalizado o período inicial de prevención mediante a instalación de trampas, estase realizando agora a fase de eliminación dos niños formados en activo que se vaian atopando (actuación) e que vaian notificandos os/as veciños/as afectados/as. Dáselles prioridade de eliminación aos catalogados de risco extremo, que son os que aparecen en lugares coma as proximidades de colexios, etc.; seguidos dos que estean preto de vivendas. Para elo é moi importante a colaboración veciñal que aporte información sobre a existencia e ubicación de niños de Vespa Velutina.

 

Polo de agora o Servizo Municipal de Emerxencias de Mos recibiu, en tan só 10 días, 16 alertas de niños de Vespa Velutina, dos cales xa retirou 9 e ten pendentes de retirar os 7 restantes. Sen embargo, o coordinador do devandito servizo, Rodrigo Iglesias, explica que este “trátase dun fenómeno exponencial, xa que de momento os niños son pequenos e pouco visibles, pero conforme transcorran os días medrarán, serán máis grandes e máis visibles, e de seguro recibiremos moitas máis alertas veciñais”.

 

Dos 16 niños de Vespa Velutina localizados ata o de agora en Mos, 4 están na parroquia de Petelos, 3 na parroquia de Mos, nas parroquias de Cela, Tameiga e Torroso 2 en cada unha, e nas parroquias de Pereiras, Sanguiñeda e Guizán 1 en cada unha. Nas parroquias de Louredo e Dornelas non se atopou ningún niño ata o momento.

 

Para informar da existencia de niños a veciñanza mosense pode contactar telefónicamente co Concello de Mos e, a maiores, dende a administración local mosense infórmase de que tamén existe na Xunta de Galicia un servizo contra a Vespa Velutina, que só actúa na retirada de niños, -non realiza traballos de prevención nin colocación de trampas-. O servizo autonómico conta cun teléfono gratuíto, o 012, ao que se pode chamar tamén en caso de detectar un niño para que acudan a eliminalo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.