Jueves, 11 de Diciembre de 2025

Xornal21
Domingo, 05 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG de Mos denuncia as consecuencias "dun mal Plan Xeral"

"Reducíronse os anchos dos viais e agora veñen os problemas" advirten

"O voto negativo que deu o Bng de Mos na votación do Plan Xeral, vese cada día como a postura máis axeitada ante ese desastre" sinalan os nacionalistas mosenses nun comunicado..


Unha das denuncias que fixo o Bng , era que "non se melloraban os anchos dos viais, e que inclusive estreitábanse máis. Temos casos tanto en núcleos rurais coma en zonas urbanas".

 

Dende o BNG explican que coma "exemplo desta desfeita, é a licenza concedida na vella Estrada da Vía, na zona de Peinador. Alí pódese ver una obra nunha vivenda, que está a facer una parede a rente do vial. Algo que sorprende e salta á vista que non é normal. Pero conta con licenza municipal. Eso quere dicer que o retranqueo e o ancho dese vial é un desastre, e nin tan sequera respectou o que tiñan xa algunhas das vivendas".

 

"No intre da votación do plan xeral, xa foi avisado o goberno e aqueles que votaron a favor, pero aquí se ven as consecuencias" explican os nacionalistas.

 

Para o pleno deste mes, e ante a denuncia dos vecinos e veciñas da zona de Peinador, ábrese a investigación para determinar onde acababa o terreo do tranvía, que se consideraría coma municipal, para así poder deixar a licenza sen valor.

 

Pero o BNG advirte que "o dano está feito, e a ver quen lle tira agora esa obra, de seguro que o PP non, o gobernó só sabe mirar para outro lado"

 

O BNG tamén responsabiliza ao PP dun Plan Xeral no que "en vez de facer uns viais pensando no futuro, máis anchos e con máis espazo para as persoas, debuxáronse 'corredoiras'".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.