PONTEAREAS
Acip esixe a clausura inmediata do aparcadoiro de "Granitos"
Pide explicacións ao concello "da súa utilización, cando non reune garantía algunha de seguridade para os usuarios"
![[Img #43362]](upload/img/periodico/img_43362.jpg)
A zona das imaxes é ben coñecida polos veciños de Ponteareas. Trátase dos terreos da antiga fábrica de granitos, situados en pleno casco urbano e que o concello adoita usar -por un acordo co propietario da leira- como aparcadoiro gratuíto. Para iso utiliza unhas simples cintas de balizamento coas que separar as zonas habilitadas para tal fin.
"Como se pode ver nas fotografías o terreo non reúne, nin de preto, os requisitos mínimos para que poidan empregalo os cidadáns ou visitantes como estacionamento de vehículos. O perigo que encarna é patente, a máis diso os problemas de salubridade que orixina e que denuncian e denunciaron os veciños próximos á zona" aseguran dende ACIP.
"Á maleza e ratas que habitualmente campan por aquí únense numerosas fosas e pozos abertos ao aire, sen medidas de protección e que son un verdadeiro perigo para a xente que poida entrar nesta leira de noite ou fóra das zonas balizadas cunha simple cinta -que calquera pode romper, poñendo en perigo a quen non coñece o sitio-" engaden.
Tamen aseguran que "nunha das situacións máis graves pódese ver unha gran balsa de auga, lodo e sucidade, da que nada se sabe da súa profundidade, sen valado algún e altamente perigosa para quen pase por alí".
"Malia todo isto, fai un par de semanas, coincidindo cunha proba ciclista en Ponteareas, o concello quixo recolocar varias autocaravanas -un total de oito- nesta zona. Cando os usuarios chegaron á mesma tiveron que darse volta e buscar alternativas, ante a evidente falta de seguridade e hixiene para acampar alí" sinalan.
A pesar de vivir esta situación, na pasada fin de semana celebrouse na vila o festival Rock in Río Tea e "o concello volveu habilitar a leira para tal fin" indican.
Desde ACiP desconfían "do acordo que existe entre o propietario da leira e o goberno de Ponteareas” sinala o portavoz municipal deste partido, Juan Carlos González Carreira, “porque cando ao resto de veciños estáselles esixindo o mantemento correcto dos seus terreos aquí non ocorre nada. Esperamos con certa expectación o estado en que quedará a zona da antiga fábrica de granitos co novo Plan Xeral. Moito nos tememos que aquí haberán cambios para gañar edificabilidade, de aí o que estamos a vivir agora”.
ACiP esixe así ao goberno municipal que "cese inmediatamente de usar esta leira como aparcadoiro gratuíto en tanto non se adecúe a zona ás esixencias mínimas de seguridade e salubridade para que poida ser aberta ao público. Igualmente pide explicacións de por que se utiliza cando non reúne, nin de preto, esas garantías, e que se esixa ao propietario o mantemento da mesma, da forma en que se fai ao resto de propietarios de leiras en Ponteareas; máis aínda tratándose dunha parcela situada en caso urbano".
ACiP convida igualmente o alcalde "a que vaia ao lugar e que coñeza de preto a súa situación, “porque cremos que non sabe como está, o cal sería aínda máis grave”, e resérvase o dereito para tomar as medidas necesarias e denunciar ante as administracións pertinentes a situación na que se atopa o terreo e o que o concello está a facer no mesmo".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149