Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 30 de Julio de 2018 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda prepárase para as Festas do Monte 2018

[Img #43375]

 

A Guarda acolle do 6 ao 15 de agosto as Festas do Monte , unhas Festas declaradas de Interese Turístico de Galicia, que contan un ano máis, cunha ampla programación de actividades, destacando as noites de verbenas, as actividades deportivas e culturais, así coma o Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras e o Domingo do Monte.

 

As Festas do Monte están organizadas pola Asociación Cultural e Deportiva O Cancelón e o Concello da Guarda, contando coa colaboración da Deputación de Pontevedra dunha boa representación das Asociacións Culturais e Deportivas da Vila, participando activamente en diferentes actividades da programación.

 

A vila da Guarda énchese de visitantes, atraídos pola ampla programación de actividades e as noites de música nas verbenas da Alameda da Guarda, que este ano contará coas actuacións das orquestras e grupos musicais Jonhy Maquinaria, California, Finisterre, Ritmo Noche, Tango, Garibaldi, Passarela, América, Europea, Azúcar, Cibeles, Los Gemas , Edgar Bao(La Voz Kids), Caramelo e Ámbar.

 

O Desfile Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras un dos actos que congrega a unha maior cantidade de público e asistentes, participando no mesmo ao redor de 3000 persoas, entre grupos musicais, treboadas, particulares e as Bandas Mariñeiras.

 

O día principal é sen dúbida o Domingo do Monte cando máis de 10.000 persoas se congregan no Monte de Santa Trega para participar nun xantar popular e realizar a xura con viño nas Bandas Mariñeiras, un espectáculo de lecer para a nosa vila, cheo do colorido das vestimentas propias de cada Banda Mariñeira, que ao son dos bombos, caixas, gaitas e pandeiretas, amenizan esta gran xornada, cada unha co seu característico son, a xornada remata coa Desfeita na Baixada do Monte ata o Parque do Cancelón e posteriormente ata a Alameda e Rúa Galicia.


No apartado deportivo destacan o Trofeo Festas do Monte de Hockey Liña, as Carreiras Pedestres ou a Marcha Cicloturista Popular.

 

Programación por días:

04/08/18

SABADO

AS 18:00H. TROFEO FESTAS DO MONTE DE HOCKEY LIÑA (SENIOR e INFANTIL)  Pabellón de solanas

AS 18:00H. CARREIRAS PEDESTRES POPULARES NA ALAMEDA DA GUARDA

 INSCRICIÓN: trega@trega.es

 INFORMACION : www.trega.es

06/08/18

LUNS

POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS  RUAS DO POBO

AS 20:00 HORAS PREGON FESTAS DO MONTE  NO AUDITORIO DE SAN BIEITO A CARGO  DE D. JOAQUIN CADILLA CASTRO (presidente da Asociación o Piueiro)

22:30 VERBENA : JOHNNY MAQUINARIA// CALIFORNIA    

07/08/18

MARTES

POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS  RUAS DO POBO

A PARTIR DAS 11:30H ACTIVIDADES PARA NENOS, NA ALAMEDA DA GUARDA

FUTBOL INFANTIL . Este ano non se celebrara por estar o estadio municipal en obras.

22:30H VERBENA :  FINISTERRE// RITMO NOCHE

08/08/18

MERCORES

POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS  RUAS DO POBO

AS 17:00H. MARCHA CICLOTURISTA POPULAR CON SAIDA E CHEGADA A ALAMEDA  (uso obligatorio de casco)

21:30h. FESTIVAL  DE ACORDEONS, NA IGREXA PARROQUIAL.

22:30H VERBENA : TANGO  // GARIBALDI      

AS 23:00H. XIV ROCK IN FERVENZA NA ZONA DO AS DE COPAS (ORGANIZA A FERVENZA TINTA)

09/08/18

XOVES

POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS  RUAS DO POBO

AS 16:00H. XVIII CAMPIONATO EXHIBICION DE AXADREZ AO AIRE LIBRE NA ALAMEDA

 (organiza club Axadrez Albatros)

22:30H VERBENA :   PASSARELA//  AMERICA 

10/08/18

VENRES

POLA MAÑAN GRUPOS DE GAITAS PERCORRERAN AS  RUAS DO POBO

AS 11:00H. NO AUDITORIO DE SAN BIEITO, TIRO CON ARCO(para nenos de 6 a 14 anos), KIN-BALL (a partir de 11 anos, mínimo 12 pers.), MINI TORNEO FUTTOC (individual ou por parellas, a partir de 12 anos) ORGANIZA DEOTIUM, EMPRESA DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

22:30H VERBENA :  EUROPEA // AZUCAR  

11/08/18

SABADO

12:00H. DESFILE FOLCLÓRICO TRADICIONAL E DAS BANDAS MARIÑEIRAS

22:30H VERBENA : CIBELES // LOS GESMAS E  A ACTUACION DE EDGAR BAO (La Voz Kids)                                 

 

12/08/18

DOMINGO

SUBIDA O MONTE DAS BANDAS MARIÑEIRAS DURANTE A MAÑAN

21:30H BAILE VERBENA : CARAMELO//AMBAR

 

13/08/18

LUNS

24:00h TIRADA DE FOGOS DE LUCERIA NO PORTO DA GUARDA

ORGANIZA:  CONCELLO DA GUARDA  E COLABORA COMISIÓN DE FESTAS

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.