Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 01 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño recibe aos nenos e nenas saharauis que están pasando o verán no Baixo Miño

Sandra González entregoulles un regalo e insistiu na urxencia de buscar unha solución a extrema situación que vive o pobo saharaui

[Img #43393]

 

O salón de plenos do Concello de Tomiño acolleu esta semana un emotivo acto que tivo como protagonistas ás oito nenas e nenos saharauis que están a pasar o verán no Baixo Miño e no Val Miñor grazas ao programa ‘Vacacións en paz’, organizado pola Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui. A alcaldesa, Sandra González, e a concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, exerceron de anfitrioas. “Quero dar a benvida aos nenos e nenas, grazas pola visita. Tamén quero agradecer ás familias de acollida a súa xenerosidade”, asegurou a alcaldesa.

 

No acto tamén estivo presente Xosé Enrique Porto, delegado na zona da Asociación Galega co Pobo Saharaui, ao igual que a alcaldesa, quiso denunciar a situación “da última colonia de África. Alí os nenos están sen medicación e sen auga”. Insisten en que o goberno español actúe para rematar coa situación extrema do pobo saharaui. Esta asociación leva máis de trinta anos traendo a rapaces e rapazas saharauis a Galiza, ofrecéndolles unha familia de acollida, acceso a consultas médicas e tamén unha escapatoria o inferno que se vive no Sáhara no verán, onde as temperaturas ascenden aos 50 graos.

 

A alcaldesa, Sandra González, entregoulles un regalo ás nenas e nenos. O Concello de Tomiño colabora dende fai moitos anos aportando unha axuda económica destinada a esta iniciativa. “Tomiño sempre colabora con nós. É un Concello implicado na situación que vive o pobo saharaui.

 

Xa está aberta a inscrición para todas as familias interesadas en acoller persoas saharauis o próximo verán.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.