MOS
Os deportistas mosenses continúan a traer medallas para Mos
Heber Rodríguez erixiuse Campión de España de Triatlón Indoor por terceiro ano consecutivo e o Club de Natación Mos acadou un ouro e dúas pratas no Campionato Galego
![[Img #43427]](upload/img/periodico/img_43427.jpg)
Onte celebráronse as recepcións ao Club de Natación Mos e a Heber Rodríguez Vaquero na piscina ao aire libre de San Eleuterio (Tameiga). Ademais dos galardoados estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo, e demais membros da Corporación Municipal mosense.
No acto de recepción ao Club de Natación Mos destacouse o labor dos medallistas mosenses no Campionato Galego: Naiara Eijo, Subcampiona Galega Alevín, 200 metros espalda e Campiona Galega Alevín, 100 metros espalda 2018; e César Carballo, Subcampión Galego Infantil, 100 metros braza 2018.
Tamén asistiron esta tarde os demais nenos/as nadadores/as do Club e membros da Xunta Directiva do mesmo: Ana Gil, Marian Domínguez, Rosa Rodríguez, Ana Morgadas, Roberto Carlos Rodríguez Dasilva, Carlos García González e Adrián Trillo.
César Carballo acadou unha medalla de prata en 100 metros braza no Campionato Galego Infantil-Junior-Absoluto celebrado en Pontevedra, na piscina Rías do Sur, durante os pasados días 19 a 22 de xullo. E representou ao Club nos campionatos nacionais celebrados en Madrid o 27de xullo.
Naiara Eijo trouxo un ouro para Mos en 100 metros espalda e unha prata en 200 metros espalda, tamén no Campionato Galego e, no seu caso, na categoría Alevín.
En xeral o Club de Natación Mos realizou unha tempada con numerosa representación e medallas en diversos trofeos e campionatos, destacando os Campionatos Galegos: Campionato Galego Alevín Inverno 4 nadadores, Campionato Galego Infantil/Junior Inverno 9 nadadores, Campionato Alevín Verán 4 nadadores, Campionato Galego Infantil/Junior e Absoluto de Verán 17 nadadores sendo 5 nadadores absolutos, 3 nadadores junior e 9 nadadores infantís. O teléfono para os interesados en poñerse en contacto co Club Natación Mos é 627792698.
Os representantes municipais destacaron o papel do Club na pasada tempada e os resultados obtidos polos dous medallistas en cuestión, e manifestaron por último “a reiteración institucional neste acto do apoio municipal ao deporte e aos deportistas mosenses, que son o mellor exemplo de esforzo, superación, compañeirismo e estilo de vida saudable”.
Heber Rodríguez
Pola súa banda Heber Rodríguez Vaquero erixiuse Campión de España de Triatlón Indoor 2018 (campión nacional por terceiro ano consecutivo). Este mozo de 27 anos, veciño da parroquia de Sanguiñeda, e nado o 31 de xaneiro de 1991, ven de proclamarse Campión de España de Triatlón Indoor 2018 o pasado 16 de xuño en Madrid.
Na recepción estivo acompañado polos seus pais, Tino Rodríguez Álvarez e Mercedes Vaquero Moldes, e pola súa irmá, Ainara Rodríguez Vaquero.
Heber Rodríguez vive en Sanguiñeda, é licenciado en Integración Social, monitor de lecer e tempo libre especializado en persoas con discapacidade, monitor de comedor escolar e ten ata o nivel 2 de Lingua de Signos.
Rodríguez leva tres anos facendo triatlón e catro adestrando no Centro Ponte da Fundación Isidre Esteve en O Vao.
Heber adestra todos os días da semana, adicando tres días por semana, -os luns, mércores e venres-, á realización dun adestramento máis específico para as competicións. Tamén ten que coidar a dieta, xa que non pode pasar dun peso determinado no momento da competición.
Este triatleta mosense adícase ao Triatlón Indoor, que se trata dun deporte inclusivo, é dicir, que dentro dun mesmo equipo pode haber persoas con e sen discapacidade, aínda que á hora de competir cada deportista compite na súa categoría. A competición faise con máquinas de bicicleta, remo e esquí. No caso de Heber e doutros atletas coa súa mesma discapacidade a bicicleta coa que se compite é unha bici de mans.
No Triatlón Indoor hai dous tipos de competicións, unha por distancia e outra por tempo. Na competición por distancia con cada máquina os atletas participantes teñen que percorrer unha determinada distancia e a clasificación faise en función de quen tarda menos en completar todo o percorrido. Por outra banda, no caso da competición por tempo, todos os atletas fan os mesmos minutos en cada máquina, e a clasificación faise en función de quen fai máis distancia. Heber compite nas categorías adaptadas.
O palmarés de Heber Rodríguez é digno de mención xa que en tan só tres anos acadou tres títulos autonómicos, tres títulos nacionais e un europeo. E é que este mozo veciño de Sanguiñeda erixiuse Campión de España 2016 (Barcelona), Campión de España 2017 (Madrid), Campión de España 2018 (Madrid), Campión de Europa 2017 (Barcelona), Campión Galego 2016 (Vigo) e Campión Galego 2017 (Vigo/Ferrol) e 2018 (o Campionato Galego deste ano gañouno o pasado mes de marzo).
Sobre el os representantes municipais Arévalo e Lorenzo destacaron “o seu afán de superación e loita contra as barreiras, sendo un exemplo de que querer é poder”, dixeron. Declararon así mesmo “a importancia da formación complementaria á actividade deportiva, da que é claro exemplo Heber, que ademais de gran currículo deportivo ten un envexable currículo académico”. E manifestaron “o apoio dende o Concello de Mos ao deporte adaptado no que tamén temos grandes figuras como é todo un Campión de España e Europa de Triatlón Indoor como Heber”. Así de orgullosos se amosaron a rexedora local mosense e o concelleiro de Deportes, que animaron ao flamante Campión a seguir traballado duro e ser un exemplo para todos/as os/as mozos/as mosenses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103