Jueves, 01 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 08 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Aberto o prazo de inscrición para participar na carreira 
'VIII Nigrán Area' pola praia o 11 de agosto

[Img #43443]O Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor  organizan o sábado 11 de agosto a oitava edición da Carreira 'Nigrán Area' que dará comezo as 10:00 horas desde a praia de Panxón e que discorre por este areal e Praia América aproveitando a marea baixa. Os interesados en correr (federados ou non) poden inscribirse ata o 9 de agosto ás 22:00 horas na páxina da Federación Galega de Atletismo (https://www.carreirasgalegas.com ).  A participación na carreira absoluta (6.000 metros) ten un custe de 6 € e está habilitada tamén para anotarse e facer o pago a oficina da Piscina Mancomunada da Ramallosa (o resto das categorías son gratis e, ademais da web, poden apuntarse na Oficina de Turismo de Praia América). O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo (a absoluta disporá, asimesmo de chips para o control de tempos).

 

Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira). Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría, tanto feminina como masculina, e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Alevín/Sub 12 ata Cadete/sub 16 e a todos os pitufos, prebenxamíns e benxamíns/Sub 10 ate fin de existencias. Premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor na carreira absoluta.

 

Haberá servizo de avituallamento o fin da carreira. Tamén haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón. A carreira contará cunha ambulancia dispoñible durante o evento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.