Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21
Jueves, 02 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O goberno de Mos asegura que os 29 parques "mantéñense cunha brigada permanente"

Aseguran que "non se pode dicir o mesmo das estradas provinciais mosenses, totalmente abandoadas pola Deputación de Pontevedra"

[Img #43476]

 

Ante as declaracións verquidas nos medios de comunicación pola voceira socialista mosense, Patricia Pérez, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destaca “o descoñecemento amosado unha vez máis por este grupo político e ínsta aos seus membros a deixar de inventarse informacións falsas e adicarse a intermediar na Deputación de Pontevedra para solucionar o mal estado das estradas provinciais ao seu paso por Mos”.


“É lamentable a situación das estradas provinciais mosenses pola falla de limpeza viaria e ausencia de mantemento. É por elo que, en lugar de perder o tempo inventando, o PSOE de Mos debería interceder ante os socialistas, que gobernan na Deputación Provincial, para lograr que lle presten ás estradas do Concello de Mos o servizo que necesitan e merecen”, declara a rexedora local mosense.


“No municipio existen un total de 29 parques, un número certamente elevado, e todos se atopan en óptimas condicións de mantemento. Hai parques que teñen máis usuarios que outros, e algúns que están infrautilizados son obxecto de tarefas de mantemento menos frecuentes, pero nunca quedan desatendidos, simplemente a frecuencia dos labores é algo menor ca no resto, ó igual que é menor a afluencia de público”, declara Arévalo. E é que o Concello ten en marcha un Plan Municipal de Mantemento das Zonas Verdes e de Lecer ao Aire Libre levado a cabo por unha brigada permanente que se encarga de adecentar e manter nas mellores condicións os 4 parques da parroquia de Tameiga, os 3 de Petelos, os 3 de Guizán, os 4 de Louredo, os 5 de Mos, os 3 de Sanguiñeda, os 2 de Pereiras, os 3 de Cela, o de Torroso xunto a ASODIFISI e o de Dornelas xunto á Igrexa”.

 

Nidia Arévalo lamenta así mesmo que “o descoñecemento da realidade municipal e as poucas ganas de traballar leven ao PSOE de Mos a inventar de vez en cando unha nota de prensa para chamar a atención, para lembrarlle á veciñanza mosense que están ahí, que seguen existindo”. Por iso convida aos socialistas mosenses “a coller o coche, como fai o goberno local a diario, percorrer o municipio, e comprobar de primeira man e en persoa o estado dos 29 parques públicos”, concluiu a alcaldesa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.