Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 05 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

O Consorcio do Louro prestará o servizo de baleirado de fosas sépticas domésticas

[Img #43482]

 

O Comité Directivo do Consorcio, na súa reunión do pasado luns día 30 de xullo, acordou prestar os servizos de baleirado de fosas sépticas, transporte e xestión dos lodos na depuradora de Guillarei.

 

A iniciativa xurde da necesidade de dar unha alternativa real e viable a aquelas vivendas que, a día de hoxe, non teñen posibilidade de conectar polo de agora ás redes de saneamento.

 

Unha resposta dos catro concellos ás demandas dos veciños e veciñas para que, mentres non sexa posible facer a conexión, as vivendas teñan garantido o servizo en igualdade de condicións e a un custe similar.

 

O servizo prestarase de xeito uniforme nos Concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui e estará regulado mediante unha ordenanza única, co mesmo prezo público nos catro concellos e incluirá, de ser necesario, o servizo de limpeza e desentullo de canos e desaugadoiros.

 

O prezo por baleirado será de 100,86 € mais o IVE correspondente, ao que se lle engadirá unha taxa anual de depuración de 46,80 € que se liquidará unicamente co primeiro baleirado de cada ano natural.

 

Deste xeito, o Consorcio pretende facilitar aos veciños o mantemento periódico das fosas sépticas e pozos negros particulares, de tal xeito que se garanta a correcta xestión dos lodos e se eviten verteduras incontroladas, o que, sen dúbida, repercutirá nunha melloría na calidadedas augas dos pozos ou mananciais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.