O Porriño
Proseguen os traballos de extinción do lume que afecta a unha planta de reciclaxe no Porriño
![[Img #43484]](upload/img/periodico/img_43484.jpg)
Os traballos de extinción do incendio declarado onte na planta de reciclaxe do Porriño proseguen tras unha noite na que os servizos de emerxencias se centraron na refrixeración e confinamento de dous puntos de combustión no exterior da nave, nos que se almacenaba ferralla.
Deste xeito, os equipos de extinción seguen actuando sobre unha última zona afectada, aínda que avanzan que as tarefas se extenderán ao longo das horas. Non obstante, recordan que ningunha persoa resultou afectada e tampouco existe risco algún para a poboación.
Arestora, permanecen no punto os Bombeiros do Porriño, Salnés, Vigo, Pontevedra, así como o Grupo Municipal de Emerxencias de Mos e as agrupacións de voluntarios de Protección Civil do Porriño e de Mos. Tamén, continúan no lugar os membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que achegaron máis recursos e medios para seguir controlando e refrixerando o perímetro.
Hai que lembar que este incendio declarouse ás 15:25 horas de onte e acadou unha forte carga térmica debido á ferralla calcinada. Precisamente, esta carga de combustión é o que está a alongar as tarefas de extinción, mais o incendio mantense controlado, confinado e sen riscos para as persoas.
Igualmente, cómpre salientar que, tras o inicio do lume, a AXEGA activou mediante o 112 Galicia o protocolo de colaboración transfronteiriza entre Galicia, o norte de Portugal e Castela-León en caso de emerxencia, ARIEM 112, para facilitar a extinción do incendio. Deste forma, desde as primeiras horas, desprazáronse ao punto os Bombeiros do Porriño, do Morrazo, de Vigo, de Vilagarcía, de Ponteareas e de Valença. Tamén, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención de Protección Civil do Porriño, de Mos e de Viana do Castelo. Ademais, os xestores do 112 Galicia alertaron ao 061-Urxencias Sanitarias e pasaron o aviso á Garda Civil, a Augas de Galicia e á empresa subministradora da electricidade. Así mesmo, ao operativo sumáronse un helicóptero e persoal de Medio Ambiente.
A medida que foron reducindo o lume, comezaron a retirarse algúns medios ata o retén que agora mesmo e durante a noite continuou traballando na extinción.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11