Miércoles, 10 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 06 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Torroso inaugura “O Son do Regueiro”

Trátase dun área de lecer cun presuposto de 255.000 euros (uns 42 millóns das antigas pesestas) financiado, na maior parte, con fondos propios da Comunidade de Montes de Torroso procedentes de exporopiacións.

[Img #43553]

 

A Comunidade de Montes de Torroso, Asociación de Veciños, Centro Cultural de Torroso, Centro Cultural Abrente, Comisión de Festas de San Mamede e Comisión de Festas As Dores realizaron este domingo a inauguración do parque “O son do regueiro” situado xunto ao Centro Dotacional de Torroso nunha parcela de 30.000 metros cadrados, na que se interviu nunha superficie de 8.900 metros cadrados.

 

[Img #43548]Trátase dun parque adaptado para nenos e adultos, está construído na maior parte con fondos da Comunidade de Montes de Torroso que proveñen de expropiacións, xunto coa colaboración do Concello de Mos que instalou unha tirolina que foi sacada a aconcurso público no mes de maio por un importe de 14.036 euros. No parque tamén aportaron fondoas a Deputación Provincial e Eurural.

 

A inauguración  daba comezo ás 10:00 horas da mañá cun paseo con saída desde o parque a inaugurar con dirección ao monte das Baloutas visitando lugares da zona como os “Muíños de Jamil” e a “Poza do Ollomol”.

 

[Img #43540]Ás 12:00 horas da mañá realizouse a inauguración oficial coa presenza de autoridades que pasearon durante uns minutos polo parque e, ás 14:00 horas, daba comezo unha comida para uns 200 veciños que estivo amenizada polo grupo de gaitas do Centro Cultural, o grupo de acordeóns “Argonat” e o “Grupo de Gaitas Abrente”.

 

[Img #43543]Este novo parque, proxecto dos arquitectos Perfecto Cendón e Javier Vázquez, responsables tamén das primeira e segunda fases do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, trátase dun área de lecer e esparcemento moi novidosa da que existen moi poucos exemplos en toda Galicia. Predomina na mesma a temática musical, xa que o Centro Dotacional acolle a Escola Municipal de Música de Mos; contando o parque con varios elementos musicais a gran escala como tubos, xilófonos, e sambas en varias modalidades do instrumento.

 

 

Algún elemento musical instalado, coma os "tubos musicais",  tivo un custe de preto de 4.000 euros, sendo adquiridos  á marca catalana HPC a través da empresa constructora.

 


O parque tamén inclúe dúas pistas deportivas xa esistentes e que foron reformadas, unha de baloncesto e outra de futbito, elementos biosaudables, mesas (varias delas con taboleiro de xadrez incorporado pensando no Club de Xadrez Mos que adestra nas instalacións do Centro Dotacional), bancos, xogos populares como a mariquitiña, o tres en raia e salto de lonxitude, pista de petanca e unha tirolina instalada nun espazo cedido ó polo Concello de Mos pola Comunidade de Montes.

 

Para ubicar as pistas deportivas trasladouse o espazo de aparcadoiro de sitio, optimizando ademais, deste xeito, a seguridade dos nenos e nenas que gocen da área de xogos.

 

O parque, integrado e asentando en terreos da Comunidade de Montes de Torroso, que preside Camilo Grandal, conta con sendas de pavimento a base de xabre natural estabilizado con cal. Trátanse de sendas de dirección recta unidas por círculos de actividade nos que están instalados os equipamentos, tanto de xogos, como musicais, biosaudables e áreas de descanso con bancos e gradas. As pistas de dirección que unen os círculos de actividade están dotadas de iluminación que se reforza con luz sutil nos bancos, -que contan con tiras led incorporadas-, que permitan guiar ao usuario pola senda nas horas de penumbra.

 

O novo equipamento de lecer en Torroso abrangue un amplo abano de idades nos seus públicos, tanto infantís como adultos.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou “o incrible labor realizado pola Comunidade de Montes de Torroso en xeral e polo seu presidente, Camilo Grandal, en particular, pola cultura da súa parroquia e do municipio de Mos”. “Tan só hai que ver a magnitude destas instalacións por eles levantadas e nas que fixeron unha inversión nos últimos tres anos de máis de tres millóns de euros”, declarou a rexedora local mosense.

 

E é que a Comunidade de Montes de Torroso construiu no ano 2016 o novo edificio do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso investindo 2.125.000 euros, no ano 2017 acometeu a segunda fase da obra coa ampliación do Centro Dotacional con 6 aulas de música máis, 1 sala multiusos e 1 sala para maiores cunha inversión de 825.000 euros e este ano 2018, a terceira fase do proxecto inclúe este parque con elementos biosaudables e musicais no que investiron 240.000 euros. A inversión total ascende a 3.190.000 euros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.