MOS
Mos pon en valor a importancia da muller na súa sociedade
Alcaldesa e concelleira de Política Social reúnense coa secretaria xeral de Igualdade para tratar sobre unha xuntanza en Cíes que se realizará o 15 de setembro
![[Img #43558]](upload/img/periodico/img_43558.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro reuníronse coa secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, para abordar a colaboración entre a Xunta e o goberno local en materia de igualdade e violencia de xénero, e darlle a coñecer de primeira man os programas municipais.
As representantes locais, Arévalo e Cebreiro, presentáronlle á secretaria xeral o balance do primeiro ano de actividade do Centro de Información á Muller de Mos, durante o que foron atendidos un total de 104 usuarios: 94 mulleres e 10 homes. A maioría dos usuarios/as tiñan idades comprendidas entre os 25 e os 54 anos e non tiñan fillos/as.
96 persoas, -todos/as os/as usuarios/as do CIM agás 8-, das que recibiron atención eran veciños/as de Mos e algúns deles/as asistiron a varias sesións ou citas no Centro dende a súa apertura. No caso da intervención psicolóxica, ademais dos/as usuarios/as, son tamén atendidos psicolóxicamente os/as menores ao seu cargo integrantes da unidade familiar.
Entre os/as usuarios/as do CIM de Mos, prestáronse 163 sesións de atención psicolóxica, 76 de asesoramento xurídico, 8 de atención a vítimas de violencia de xénero, e 1 de orientación de emprego. Todos/as os/as usuarios/as beneficiarios/as do servizo de atención psicolóxica asistiron a varias sesións.
O Concello de Mos conta cun Centro de Información á Muller (CIM) que funciona desde xuño de 2017, e no que a Xunta colabora no seu financiamento. Desde a súa entrada en funcionamento, o CIM está funcionando cun alto rendemento e prevese reforzar este servizo para atender á súa demanda ampliando as horas durante as que o centro permanece aberto.
O habitual horario de atención psicolóxica no CIM de Mos é os luns e mércores, de 09.00 horas a 14.00 horas, e a atención xurídica os martes e venres de 09.00 horas a 14.00 horas e os xoves de 15.30 horas a 20.30 horas; de xeito que o centro está aberto tódolos días da semana de luns a venres. Sen embargo, durante os meses de xullo e agosto, cámbiase ao horario de verán substituíndo as tardes dos xoves por horario de mañá, de xeito que o centro permanece aberto durante a tempada estival todos os días de luns a venres de 09.00 horas a 14.00 horas.
Xuntanza de mulleres
Por outra parte López Abella apoiou a proposta da rexedora local e a concelleira mosenses de realizar unha xuntanza de mulleres de Mos nas Illas Cíes o vindeiro 15 de setembro. Iniciativa que ten como obxectivo a prevención e erradicación da violencia de xénero na localidade, así como a posta en valor da importancia do papel da muller na sociedade mosense. Toda a xuntanza –desprazamentos en barco e autobús e actividades a desenvolver ao longo do día nas Illas- será gratuíta para as participantes, que poderán inscribirse a partir do vindeiro luns, día 6 de agosto, tanto presencial como telefónicamente na Alcaldía do Concello de Mos (986 33 74 53), no Multiusos das Pozas (986 33 94 04) e no CIM (986 33 72 78).
Á metade da xornada en Cíes celebrarase un xantar campestre para o que as participantes sí terán que levar a comida, xa que a idea é compartir entre todas. O único requisito para participar é ser muller e ter de 18 anos de idade en diante.
Por último, na reunión entre a secretaria xeral, Nidia Arévalo e Sara Cebreiro, tratouse a Mesa pola Igualdade que periódicamente se celebra en Mos, e que terá unha nova sesión de cara ao outono, nos vindeiros meses de setembro ou outubro; na que participará Susana López Abella.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213