Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21
Sábado, 11 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

41 novos centros da Provincia de Pontevedra incorporan o libro dixital no vindeiro curso 2018/19

E-Dixgal estará presente nun total de 108 colexios e institutos pontevedreses, un 60% máis que o ano pasado

Un total de 41 novos centros sostidos con fondos públicos de Pontevedra incorporarán o libro dixital nas súas aulas por primeira vez o próximo curso 2018/19, polo que o proxecto de educación dixital, E-Dixgal, acada os 108 centros beneficiados en toda a provincia, un 60% máis que o ano pasado. Todos eles -estudantes de  5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital.

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva –que se pode consultar neste enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_edixgal_definitiva.pdf– na que se dan a coñecer os centros E-Dixgal para este novo curso. En toda Galicia, son 114 os novos centros adheridos ao proxecto, que xa chega a 267 en total (un 70% máis que o curso pasado) e 18.000 alumnos, un 55% máis.

 

Listaxe de novos centros incorporados ao libro dixital na provincia de Pontevedra: 

Nome do centro 

Concello 

Etapa educativa 

CEIP da Torre-Cela

Bueu

 











Educación Primaria

CEIP Nazaret

Cangas

CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán

Cangas

CEIP de Tenorio

Cotobade

CEIP do Carballal

Marín

CEIP Humberto Juanes

Nigrán 

CEIP Mestre Manuel García

Oia

CEIP A Xunqueira Nº1

Pontevedra

CEIP Plurilingüe A Florida

Sanxenxo

CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral

Vigo

CEIP Eduardo Pondal

Vigo

CEIP Balaídos

Vigo

CEIP Arealonga

Vilagarcía de Arousa

CEIP A Escardia

Vilagarcía de Arousa

CEIP San Tomé

Cambados

CEIP de Lourido

Poio 

CEIP de Atín-Cela

Mos

CEIP Mestre Valverde Mayo

Mos

CEIP de Laredo

Redondela

CEIP da Cruz-Budiño

O Porriño

CEIP de Barrantes

Tomiño

 

 

 

CPR Plurilingüe Virgen Milagrosa

Bueu

 


Educación Primaria e Secundaria 

CPI Alfonso VII

Caldas de Reis

CPI de Mosteiro-Meis

Meis

CPI Santa Lucía

Moraña

CPR Sagrado Corazón de Jesús, Placeres

Pontevedra

 

 

 

CPI de Cova Terreña*

Baiona

 







Educación Secundaria

 

 

 

 

 

 

 

 



(*) Xa tiñan libro dixital na etapa de Primaria. Non
contan para o total

CPR Plurilingüe San Fermín*

Caldas de Reis

IES Ramón Cabanillas

Cambados

IES Antón Losada Diéguez

A Estrada

IES Ramón María Aller Ulloa

Lalín

IES Marco do Camballón

Vila de Cruces

CPR Plurilingüe Padres Somascos 

A Guarda

IES Plurilingüe A Paralaia

Moaña

CPI Arquitecto Palacios*

Nigrán

CPR Plurilingüe Ángel de la Guarda*

Nigrán

IES Frei Martín Sarmiento

Pontevedra

IES Gonzalo Torrente Ballester

Pontevedra

IES Castelao

Vigo

IES Coruxo

Vigo

IES Castro Alobre

Vilagarcía de Arousa

IES A Basella

Vilanova de Arousa

IES Plurilingüe Terra de Turonio

Gondomar

IES de Meaño

Meaño

IES de Sanxenxo

Sanxexo

 

Estes datos mostran o forte impulso que o departamento educativo da Xunta de Galicia, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de realizar no E-Dixgal. O proxecto naceu como experimental no curso 2014/15 coa intención de proporcionarlle aos centros da rede Abalar un proxecto integral para facilitar o desenvolvemento de proxectos de educación dixital mediante a incorporación de materiais específicos. Deste xeito, no vindeiro curso, o 27% dos centros de ensino obrigatorio públicos contan con proxectos de educación dixital, 17 puntos porcentuais máis que no curso 2014/15, cando arrancou esta iniciativa con carácter experimental e que agora se consolida.

Unha vez finalizado o carácter experimental do proxecto, e consolidado no seu procedemento, optouse por darlle un novo impulso mediante a súa ampliación, así como flexibilizando algúns dos requisitos. Deste xeito, na convocatoria deste ano reforzouse o proxecto en ESO cun plantexamento máis flexible e adaptable, posto que require un mínimo de seis materias no modelo dixital, mentres que ata agora se incluían todas as materias na iniciativa.

Tamén cómpre lembrar que, ata o momento, para acceder a este programa era necesario que os centros participaran no proxecto Abalar. A partires de agora subminístrase o equipamento informático necesario –fundamentalmente ultraportátiles para os alumnos– aos centros que non conten con el. De feito, a Xunta de Galicia realizou este ano a renovación dos equipos dos centros E-Dixgal, o que supuxo o reparto de máis de 13.000.

 

Edudixital 2020
Continúase así co despregamento do libro dixital no ensino galego, enmarcado na Estratexia galega para a educación dixital (Edudixital 2020). Algúns dos obxectivos deste plan son lograr que todo o alumnado do ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21, romper coa fenda de xénero nos estudos STEM e acadar os 300 centros e máis de 20.000 alumnos beneficiados co libro dixital no 2020/21.

 

Cómpre lembrar que os centros que se incorporan este curso poderán beneficiarse desde o inicio das novidades do programa, tales como a incorporación dun novo provedor de contidos, aulaPlaneta, que se sumou a Netex e Edebé. Ademais, estará dispoñible o centro de produción, que facilitará aos docentes novas ferramentas e mecanismos para que poidan incorporar á plataforma contidos educativos innovadores. E tamén está en proceso de licitación o contrato dun novo provedor de contidos en inglés.

 

Tamén neste curso se activará  o Servizo de Soporte Premium para as familias, alumnado e profesores dos centros educativos implicados na iniciativa, que ofrecerá tres tipos de asistencia: remota (telefónica e online); in situ, con desprazamento ao lugar do incidente, e a través de puntos físicos de atención.

 

Os máis de 1.500 profesores, 18.000 alumnos e as súas familias dispoñerán dunha única vía de atención para todas as cuestións relacionadas co uso do libro dixital a través de varias canles (teléfono, correo electrónico, web, app no móbil...), as 24 horas do día os sete días da semana. O novo servizo contempla, como novidade, que o soporte se preste no domicilio da familia ou o docente para aqueles incidentes que requiran unha atención presencial.

 

Plan de formación propio
Cómpre lembrar, ademais, que o E-Dixgal vai máis aló do mero equipamento informático. De feito, todos os centros contan cun plan de formación propio no ámbito das novas tecnoloxías, cunhas 2000 horas de formación específica para o profesorado. Para o vindeiro curso 2018/19, ademais deste plan, en todos os Centros de Formación e Recursos (CFR) e no CAFI realizaranse cursos presenciais de iniciación e de profundización no manexo da contorna EVA E-Dixgal dirixida a todo o profesorado. Levaranse a cabo tamén diversas xornadas de actualización pensadas para aquelas persoas que realizan as funcións de coordinación do proxecto E-Dixgal nos centros educativos.

 

Ademais, ditos plans incorporan unha Escola de Nais e Pais para que as propias familias reciban información ao respecto e dispoñan de canles axeitadas para o acceso aos contidos e a resolución de dúbidas, entre outros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.