MOS
O PSOE de Mos pide explicacións da razón de non ter aberta a ludoteca de Louredo
![[Img #43582]](upload/img/periodico/img_43582.jpg)
Segundo o Grupo Municipal Socialista "o goberno de Mos publicitou dende 2016 con diversas noticias na prensa e nas redes sociais o inminente proxecto de rehabilitar a antiga escola unitaria de Louredo como ludoteca, despois de moitas solicitudes dende o Partido Socialista para adicar estas instalacións para unha posible gardería. Rexeitaron a proposta socialista pero o Partido Popular tampouco está cumprindo coa alternativa que propuña".
"En 2016 publicaron a adxudicación das obras e o comezo das mesmas, e anunciaban que Louredo contaría cunha nova ludoteca en abril de 2017. Ano e medio despois as instalacións aínda non se inauguraron e segue sen prestar o servizo para o que se rehabilitou" sinalaron dende o PSOE.
Dende o Partido Socialista critican que "unha vez máis o Partido Popular está enganando a veciñanza con promesas incumpridas". A súa portavoz, Patricia Pérez, expresa outra vez "preocupación por estas instalacións xa que se non se inauguran e comezan a usarse deterioraranse ata volver a estar coma hai dous anos, nun estado claro de abandono. Recrimínalle a rexedora mosense o abandono o que somete as propiedades municipais e recórdalle que a súa labor é xestionar os bens que ten o concello antes de vender fume con proxectos que non atenden as necesidades da veciñanza de Mos".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60