NIGRÁN
O alcalde de Nigrán pide que o novo plan de transporte da Xunta contemple novas conexións
O rexedor asistiu a unha reunión coa Dirección Xeral de Mobilidade para analizar o servizo de autobús no municipio ante a reordenación de liñas prevista para 2020. O encontro encádrase na rolda de contactos da Xunta con cada administración local
O alcalde de Nigrán, Juan González, asistiu esta semana en Pontevedra a unha reunión coa Dirección Xeral de Mobilidade para analizar o servizo de transporte público no municipio, xestionado dende ATSA e actualmente en revisión ante a reordenación de tódalas liñas en Galicia prevista pola Xunta para inicios de 2020. Por este motivo, a administración autonómica está mantendo unha rolda de contactos con tódolos concellos para detectar as principais necesidades.
Neste encontro para analizar o caso concreto de Nigrán o rexedor trasladou dúas necesidades básicas que deberían contemplar o novo Plan de Transportes: no caso do extrarradio conexión directa co Hospital Álvaro Cunqueiro e a Universidade de Vigo e, dentro do propio municipio, a importancia de que exista conexión entre as parroquias e o núcleo urbao de Nigrán, ademais dunha liña que atravese o Parque Empresarial Porto do Molle e outra que traslade aos veciños directamente aos centros de saúde (Panxón e Xunqueira).
"Esta reordenación de liñas prevista para 2020 ante o fin das concesións é unha oportunidade de mellorar o transporte existente. Dende Nigrán plantexamos demandas de sentido común e de auténtica necesidade. Non pode ser que un veciño non teña xeito de ir mediante transporte público ao seu centro de saúde ou á Universidade e, moito menos, que non teña forma de chegar ao núcleo de Nigrán. Por outra banda, Porto do Molle acolle actualmente a máis de 3.000 traballadores nun parque empresarial que ten por bandeira a sostibilidade e ao que, pola contra, só se pode acceder mediante vehículo privado, é algo que o novo Plan de Transportes ten que contemplar", explica González, quen engade que dende a Xunta xa lle avanzaron a posibilidade de aproveitar o transporte escolar para determinadas conexións dentro do municipio, como podería ser acudir ao centro de saúde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217