Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 13 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Concello celebra a sexta edición do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández

As inscricións, poden realizarse de forma telemática, na web municipal, ou ben, presencial, o mesmo día do concurso

[Img #43611]Un ano máis, o Concello de Tomiño organiza o Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández. Unha cita cultural á que asisten moitos artistas da comarca e outros puntos de Galicia, para pintar na contorna do Espazo Fortaleza e resto da parroquia de Goián.


A cita desta sexta edición será o día domingo 19 de agosto e poden participar, de balde, todas as persoas que o desexen, a partir dos 18 anos de idade.


A inscrición, totalmente gratuíta, pode realizarse telematicamente (http://tomino.gal/inscricion-de-actividades-de-arte-e-patrimonio) até o día venres 17 de agosto, ou ben, presencialmente, o mesmo día do certame, na Aula Antonio Fernández, de Goián (situada na Avenida Ordóñez, a carón da praza), entre as 9.30 e 11.30 horas.


O certame comezará entre ás 9.30 e as 11.30 horas do día 19 de agosto, na devandita aula-museo. Alí a organización procederá a selar e numerar os soportes das obras e dar as directrices precisas aos artistas participantes.


O xurado, composto por personalidades vencelladas ao mundo das artes e membros das entidades patrocinadoras, reunirase a partir das 19 horas para emitir o seu fallo media hora despois.


Os premios establecidos, patrocinados polo Concello e a Comunidade de Montes de Goián. son tres:
1º Premio – 1000€   ·   2º Premio – 500€   ·   3º Premio – 500€


 As obras premiadas e tamén as demais realizadas no certame, serán expostas no Mercado Municipal entre o 21 e o 31 de agosto, para que poidan ser visitadas por toda a veciñanza.


Na pasada edición participaron 43 persoas que ocuparon para realizar a súa pintura, diversos enclaves da contorna de Goián, moitos deles preto da ribeira do Miño.


Dende o Concello de Tomiño valórase moi positivamente a alta participación no certame, pois a mesma interprétase coma a consolidación dunha cita anual moi importante no ámbito da cultura.


Para máis información, pódese consultar as bases do concurso na páxina Web do Concello de Tomiño (http://tomino.gal/certame-pintura) ou chamar ao Departamento de Cultura (986 62 20 01/03).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.