PONTEAREAS
A Banda de Música Xuvenil de Xinzo ofrecerá un concerto cos campións galegos de bailes de salón
![[Img #43626]](upload/img/periodico/img_43626.jpg)
O domingo 12 de agosto, ás 21:00h, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo ofrecerá un concerto- espectáculo no auditorio municipal de Ponteareas en conxunto con diferentes parellas de bailes de salón. Esta actividade cultural encádrase dentro da programación cultural do Concello de Ponteareas para este verán, grazas ao convenio de colaboración que mantén o Concello coa propia Banda de Xinzo.
O concerto, combinará un espectáculo musical e visual de música e danza no que o público presente poderá desfrutar de bailes de diferentes estilos musicais que serán executados por bailaríns de renome autonómico e nacional. Acompañarán á Banda de Música de Xinzo, as parellas de bailaríns formadas por; Miguel Zurita e Gabriela Holt, Adrián Esperón e Noemi Abal, e Ángel García e Noelia Pintos, todas elas campionas Galegas e finalistas nos campionatos de España de bailes de salón, nas súas respectivas modalidades.
Este concerto adquire especial relevancia pola súa dificultade de execución. O deporte do baile de salón é un dos máis complexos por que combina a técnica de baile coa coreografía, fondo físico, expresión corporal e traballo psicolóxico dende o punto de vista da parella. A todo isto engádeselle a dificultade técnica de realizar o baile coa música en directo executada pola propia Banda de Música.
Ademais deste magnífico espectáculo de baile, a Banda de Xinzo, interpretará outras obras nas que intervirán diferentes solistas da propia agrupación con temas moi variados como “Noites de lúa na praia” de Xosé Luís Represas, con gaita solista, ou “Roly pops” de Jean Trancois, cun dúo de trompetas.
Todo este concerto estará dirixido por Javier Blanco, Director titula da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, o cal invita a todos os amantes á música a que acudan a dito concerto e desfruten con este espectáculo inédito no comarca do condado. “Esta cita representa para Ponteareas unha oportunidade única de poder contar coa actuación de tres parellas profesionais de bailes de salón de recoñecido renome autonómico e nacional”.
A entrada ao auditorio municipal será libre, ata completar o aforo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149