Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 13 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A zona azul de Ponteareas comeza a funcionar cun período informativo no que non se producirán sancións

A partir do 1 de setembro será obrigatorio o cumprimento da Ordenanza reguladora do estacionamento de zona azul

[Img #43628]

 

A concellería de Seguridade Cidadá do concello de Ponteareas informa que  os parquímetros da zona azul xa están operativos e durante o mes de agosto procederase a un período de adaptación e información no que non se producirán denuncias por infraccións á Ordenanza de zona azul.


A partir do día 1 de setembro será obrigatorio o cumprimento da Ordenanza reguladora de estacionamento de zona azul polo que a Policía Local poderá denunciar a todos os vehículos que cometan infraccións á mesma, sendo obrigatorio a colocación do ticket nun lugar visible do vehículo.


O horario da zona azul será de 09:00 a 14:00 horas tódolos días laborais, agás domingo e festivos e permitirase aparcar nesta zona unha hora e media ao día totalmente de balde.


Cinco dos seis parquímetros comezarán a funcionar nos vindeiros días mentres que o parquímetro nº6, ubicado na confluencia das rúas Vidales Tomé e Emilio Rodríguez, será posto en funcionamento con posterioridade.


De doado manexo tan só haberá que premer o botón verde, marcar a matrícula do vehículo e volver premer o botón verde para proceder á retirada do ticket e colocalo no parabrisas.


Unha vez concluído o tempo máximo de utilización, o vehículo deberá abandonar o estacionamento e non poderá volver aparcar durante o horario establecido para limitación de estacionamento durante esa xornada.


A zona Azul seguirá sendo de balde e nos parquímetros expedirase un ticket no que figure o número do expendedor e os datos do vehículo así como a hora de comezo e remate do estacionamento.


Para asegurar a rotación e bo funcionamento da zona azul no ticket incorpórase o número do expendedor que identifica cada parquímetro.


Os cinco parquímetros xa existentes manteránse na mesma ubicación (praza Bugallal, rúa Reveriano Soutullo esquina Avda Constitución, Morales Hidalgo (auditorio), rúa Arxentina e rúa Perillana (esquina praza de abastos).
Nos vindeiros meses é posible que se engada un tramo horario pola tarde para que tamén se produza a desexada rotación.


A zona azul ten como obxectivo dinamizar as zonas de aparcamento e que toda a veciñanza teña a oportunidade de achegarse ao centro urbano para realizar as súas compras e xestións.


Para a concelleira de Seguridade Cidadá a zona azul garante máis axilidade e maior oportunidade de aparcamento quedando as zonas de aparcamento municipal, que se atopan no perímetro do centro a unha distancia inferior a cinco minutos andando, para aqueles vehículos que precisen estar estacionados un longo prazo de tempo.


A cidadanía poderá atopar trípticos informativos na casa do concello, na biblioteca, nas dependencias da Policía Local e nos comercios do centro urbano.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.