Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21
Martes, 14 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os traballos de recuperación da antiga Escola Unitaria de Covelo a piques de rematar

[Img #43632]

 

Os traballos de recuperación da antiga Escola Unitaria de Covelo, na parroquia de Atios, están chegando á súa finalización logo dun traballo levado a cabo polas concellerías de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, e de Emprego e Formación e Benestar, a fronte das cales está Soledad Girón.


Precisamente, a Concellería de Vías e Obras vén de rematar a colocación das fiestras, portas e persianas no inmoble, cun investimento total de 24.000€ con cargo ao ‘Plan Concellos’ da Deputación de Pontevedra.


Manuel Carrera sinala que as novas fiestras son de PVC, de cor branca no interior e alumiño no exterior, “gardando a estética xeral deste edificio que finalmente podemos dicir que vaise a recuperar para as veciñas e veciños de Atios”.


Novo tellado
O alcalde accidental lembra que “xusto hai un ano”, substituímos o tellado que, daquela, estaba nun estado de total deterioro, polo que era “moi urxente” mudalo dada que as filtracións poderían causar o derrubo do mesmo.


Carrera subliña que, coma neste caso, aquela obra fíxose con cargo a dúas achegas da Deputación de Pontevedra, que abranguía a colocación dunha nova cuberta metálica de 3.800 quilos de peso, con tella cerámica sobre unha superficie total de 390 metros cadrados, para o cal dispúxose dun orzamento total de 60.080,71€.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.