Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21
Martes, 14 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Case 40 concellos da provincia participarán no programa “Tecendo Lazos”

O programa diríxese a persoas de entre 6 e 99 anos e busca promover estratexias para o encontro e o intercambio de aprendizaxes entre pequen@s e maiores

[Img #43647]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a solicitude de adhesión do concello de Meaño ao programa “Tecendo Lazos”, ao que a institución provincial destina este ano 60.000 euros. Con este municipio complétase o total de 38 concellos que van participar este ano na iniciativa, cuxa finalidade é promover encontros interxeracionais entre pequen@s e maiores.

 

O programa “Tecendo Lazos” diríxese a persoas con idades comprendidas entre os 6 e os 99 anos e ten por obxectivo crear espazos de encontro entre as distintas xeracións familiares, sensibilizar e intercambiar aprendizaxes, recursos, ideas e valores. En total, vanse desenvolver un mínimo de 52 obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre, a través dos cales se pretende poñer en marcha espazos para o encontro entre as xeracións máis novas e as máis maiores.

 

A partir de agora, cada concello establece os seus propios prazos de inscrición para os obradoiros, que se van desenvolver entre setembro e decembro. Terán que ter un mínimo de 10 persoas e un máximo de 30, cun mínimo do 40% de menores.  A súa duración será de 16 horas e axustaranse a cinco áreas temáticas diferentes: “Risas en familia”, “Xogos e xoguetes tradicionais: xogando en familia”, “O noso son: bailes e cancións de agora e de sempre” e “Faino ti”.

 

 

 

 

Os obradoiros vanse desenvolver entre setembro e decembro, incluíndo o módulo “A historia do meu municipio” para afondar na historia de cada concello

 

 

 

 

Todos os obradoiros incluirán o módulo  “A historia do meu municipio”, a través do que se pretende que as persoas participantes se acheguen máis polo miúdo á historia do seu propio concello, recompilando historias, lendas, contos ou fotografías dos mesmos. Cada municipio elaborará un traballo que se presentará a un concurso, no que o gañador recibirá un premio consistente nun lote de produtos. Na pasada edición de 2017 o concello da Lama foi o gañador co proxecto “Andando gaña o muíño, que parado está perdido”.

 

“Tecendo Lazos” diríxese aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, que se adheriron ao programa en canto saíron publicadas as súas bases no BOP o pasado mes de maio. Coa última incorporación de Meaño, os outros municipios que van pór en marcha esta iniciativa son: Baiona, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Valga e Vila de Cruces.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.