Jueves, 01 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 14 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán dota de desfibriladores a tódolos postos de socorrismo das súas praias

Patos, Praia América e Panxón dispoñen por vez primeira dun Desfibrilador Externo Semiautomático para actuar en caso de parada cardiaca

[Img #43648]

 

O Concello de Nigrán ven de dotar de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) a tódolos postos de socorrismo das súas praias, en total trátase de catro aparatos eléctricos portátiles situados en Praia América (2), Panxón (1) e Patos (1) e ao que se suma o que xa dispón Protección Civil no seu vehículo. Deste xeito, os principais areais do municipio e os que maior aglomeración de xente concentran, agora son tamén lugares cardioprotexidos.

 

"Aínda que a medida non é obrigatoria, dende o Concello de Nigrán a consideramos crucial porque en caso de infarto o rápido acceso ao desfibrilador pode ser a diferencia entre vivir ou non", destaca Rubén Rial, edil de Seguridade Cidadá, quen sinala que, precisamente, en tódolos postos de socorrismo de Nigrán hai persoal especialmente formado para poder empregar o DESA. Estos catro aparatos alugados polo Concello de Nigrán para a tempada de verán emiten a descarga e guían durante toda a  reanimación indicando se a velocidade e profundidade das compresións son as adecuadas.

 

O DESA é moi eficaz para a maior parte dos chamados paros cardíacos, que en gran porcentaxe son debidos a que o corazón  fibrila e o seu ritmo non é o axeitando, logrando estes equipos restablecelo. A súa efectividade é máxima no momento inicial, polo que é especialmente recomendable dispor de desfibriladores en lugares moi concurridos, como é o caso das praias, onde tódolos veráns se produce algún episodio de infarto (sendo incluso máis común que o afogamento).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.