MOS
Mos concede un 30% máis de licenzas que antes da entrada en vigor do Plan Xeral
Destaca o crecemento do 52% dos expedientes de obra menor. De xaneiro a xullo de 2018 concedéronse 135 deste tipo de licenzas, fronte ás 89 do mesmo período do ano pasado
![[Img #43722]](upload/img/periodico/img_43722.jpg)
A aprobación definitiva do PXOM mosense en xaneiro do pasado ano 2017 e a entrada en vigor do mesmo en xuño de 2017 repercutiu nun notable aumento das licenzas urbanísicas concedidas durante o último ano: de xullo de 2017 a xullo de 2018.
Esta semana a concelleira mosense de Urbanismo, Julia Loureiro, fixo públicos os datos do informe comparativo da actividade anual neste departamento, comparando os datos dos períodos de xaneiro a xullo de 2017 e de xaneiro a xullo de 2018. Segundo considera a edil, “a crecente xestión de expedientes foi grazas ao pulo que supuxo a entrada en vigor do Plan Xeral”.
En total de xaneiro a xullo de 2018 foron concedidas polo departamento de Urbanismo en Mos un total de 266 licenzas e comunicacións previas, 61 máis que no mesmo período do anterior ano 2017, que foran 205 (un incremento do 30%). A maioría destas licenzas concedidas foron de comunicación previa de obra menor, un total de 135, que se incrementaron nun 52% respecto do mesmo período de 2017, no que se concederan 89.
Dentro das mencionadas licenzas de comunicación previa de obra menor destaca o crecemento das licenzas para acondicionamento de vivendas, que aumentaron de 38 de xaneiro a xullo de 2017 a 54 no mesmo período de 2018.
O segundo tipo de licenzas e comunicacións previas máis abundantes foron as de actividade, concedéndose un total de 68 de xaneiro a xullo de 2018, fronte ás 65 do mesmo período do ano pasado; representando un crecemento porcentual do 5%; seguidas das licenzas de obra maior que ascenderon a un total de 49 no que vai de 2018 fronte ás 38 da primeira metade de 2017 (o que supón un incremento do 29%).
Dentro destas licenzas de obra maior as máis abundantes con diferencia foron as de construción de vivenda, un total de 13 de xaneiro a xullo de 2018.
Tanto nas licenzas de obra maior coma nas de comunicación previa de obra menor o peso das mesmas recae sobre a construción de vivendas e o acondicionamento de vivendas, respectivamente, do que se conclúe que “a entrada en vigor do PXOM está animando aos particulares a establecer ou consolidar a súa residencia en Mos e que a localidade mosense está a ser percibida e considerada como un bo municipio para vivir”, explica Loureiro.
Por último apuntar que nesta primeira metade de ano concedéronse máis do dobre de licenzas de primeira ocupación que de xaneiro a xullo de 2017. Tiveron un crecemento porcentual do 133% respecto do mesmo período de 2017.
Ademais das 266 licenzas concedidas no que vai de 2018, o departamento municipal de Urbanismo do Concello de Mos levou a Xunta de Goberno Local un total de 86 outros expedientes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60