Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21
Sábado, 18 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A campaña "Somos historias, somos sostibles" achégase este mes ao Festival Revenidas de Vilaxoán e a distintas praias da Provincia

A iniciativa de sensibilización ambiental da Deputación busca concienciar sobre o coidado da contorna e sobre a eliminación de plásticos

[Img #43731]

 

A campaña de sensibilización ambiental "Somos historias, somos sostibles", impulsada pola Deputación de Pontevedra, achégase este mes de agosto ao Festival Revenidas e a diferentes praias da provincia de Pontevedra. No Revenidas, en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), estará este sábado 18 de agosto. Antes desta data, mañá xoves 16, estará en Barosa (Barro), e despois, chegará ata a praia de Menduíña (Cangas) o día 22, á praia fluvial de Ponte Caldelas o día 27 e á praia de Montalvo (Sanxenxo) o día 30 de agosto.

 

A través desta iniciativa, a institución provincial súmase ao rexeitamento dos plásticos e busca concienciar sobre a necesidade de coidar o medio ambiente. É unha campaña posta en marcha este verán e dirixida á poboación usuaria das praias da provincia, aos festivais RíasBaixasFests e ás Festas de Interese Turístico da provincia. O obxectivo é concienciar á sociedade sobre a necesidade da recollida dos residuos máis nocivos nestes entornos: as cabichas e os plásticos.

 

“Somos historias, somos sostibles” consiste nunha acción participativa, na que o público realiza accións de recollida de cabichas e plásticos, e a cambio, poden beneficiarse de sorteos de entradas para festivais na edición de 2019 ou outro tipo de premios similares. En cada lugar a onde se achega a iniciativa, móntase unha carpa de recepción personalizada, onde persoal técnico informa sobre os perigos dos plásticos e proporciona envases (fabricados con cartón ecolóxico e reciclable) para  recoller as cabichas e pequenos residuos.

 

Na carpa tamén hai soportes con información, datos, imaxes e gráficas sobre a campaña. Disponse ademais de urnas transparentes para o depósito dos residuos que van entregando os e as participantes. Enfocado ao público máis novo, tamén se están repartindo frisbees personalizados coa imaxe da campaña para difundila entre a rapazada.

 

En 2015, a produción mundial de plásticos chegou a 322 millóns de toneladas e espérase que, nos vindeiros vinte anos, esta cifra se duplique. Ante esta situación, dende a Deputación provincial quérese concienciar á sociedade na loita contra esta lacra e no respecto ao medio que nos rodea.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.