PONTEAREAS
Ponteareas deixa a súa impronta floral en Bruselas, Bélxica
O Alcalde de Ponteareas despedíuse dos seis alfombrista que viaxan a Bélxica para participar no “Brussels Flower Carpet”
![[Img #43733]](upload/img/periodico/img_43733.jpg)
Alfombristas de Ponteareas viaxan a Bélxica para participar no “Brussels Flower Carpet”, un dos máis grandes eventos da arte efímera na que Ponteareas aporta a tradición máis longa e a calidade e variedade dos materiais naturais.
“Esta representación reforza aínda máis a internacionalización das alfombras florais de Ponteareas nese camiño aberto por este goberno coa solicitude da declaración de Ben de Interese Cultural que xa teñen as alfombras belgas e que amosa o necesario recoñecemento das nosas aos ser de máis longa tradición”, explica o Alcalde.
A delegación española estará representada por alfombristas de Bueu pero tamén de México, Italia, Japón, Alemania, Malta e da propia Bélgica.
A alfombra da Grand Place comezará a realizarse na madrugada do día 16 cun deseño que abarcará 77 metros de longo por 24 de ancho con máis de cen persoas traballando durante catro horas.
Os e as nosas alfombristas traballarán no deseño creado pola delegación mexicana e que poderá visitarse durante tres días ata o 19 de agosto.
Ademais, a impronta floral de Ponteareas quedará reflexada na rúa de acceso ao Palacio da Bolsa nas inmediacións da Grand Place na alfombra que realizará de xeito conxunto cada delegación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149