Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21
Viernes, 17 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

“Depo Aventura A Lanzada” celebra a segunda xornada de concienciación sobre persoas xordocegas

Os nenos e nenas do campamento de verán da Deputación realizarán un baile en lingua de signos e participarán nunha xincana con probas relacionadas cos cincos sentidos

[Img #43743]

 

A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, visitará este venres 17 de agosto o Centro de Vacacións A Lanzada para participar na segunda xornada de sensibilización e concienciación sobre as dificultades que afrontan as persoas xordocegas na súa vida cotiá. As actividades, que realizarán os 200 menores participantes no campamento “Depo Aventura A Lanzada”, están organizadas pola Organización de Persoas Xordas de Galicia (XOGA) coa que, por segundo ano consecutivo, colabora a Deputación de Pontevedra.

 

Esta segunda xornada tamén se desenvolverá entre as 10:00 e as 13:00 horas e basearase en dúas actividades nas que participarán as crianzas da oitava quenda do “Depo Aventura”. A primeira delas será no anfiteatro e consistirá nun baile con contidos en lingua de signos que prepararon os nenos e nenas. A segunda actividade será a “Xincana Achega-T” na que os e as rapazas e rapaces se organizarán por grupos que estarán encabezados por “deuses” que representan os cinco sentidos. Os e as participantes irán superando distintas probas relacionadas co gusto, co tacto, coa vista, co oído e co olfacto. Ademais, os e as menores adquirirán roles que lles impedirán facer tarefas cotiás como camiñar, comer etc. Finalmente, entre todos e todas farase unha análise das dificultares coas que se atoparon na actividade, de como se sentiron ou de como se pode apoiar ás persoas con diversidade funcional.

 

Dende a Deputación de Pontevedra considérase que o campamento “Depo Aventura A Lanzada” constitúe o marco idóneo para a realización deste tipo de actividades de concienciación. É fundamental que dende idades temperás se aborde a diversidade funcional e se fale dela de maneira aberta, sensibilizando sobre a mesma a través de dinámicas de xogo e materiais que axuden a comprendela. Ademais, dende a institución provincial considérase que este campamento serve para inculcar valores como a tolerancia ou a empatía, que sirvan para crear unha sociedade máis inclusiva e xusta para todos e para todas.

 

En “Depo Aventura A Lanzada” están a participar un total de 2.200 nenas e nenos, distribuídos en once quendas durante os meses de xullo e agosto, con 300 prazas gratuítas para as familias sen recursos económicos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.