MOS
Mos vive un agosto en familia
A diversión familiar protagoniza a programación municipal organizada polo Concello
![[Img #43763]](upload/img/periodico/img_43763.jpg)
Ademais das sesións de cine ao aire libre programadas para os días 17 e 24 de agosto, a concellería de Participación mosense que dirixe a edil Julia Loureiro, ten programada outra actividade lúdica para gozar en familia durante este mes de agosto e que dá continuidade á proposta cinematográfica.
É a iniciativa titulada ‘XogaMos en Familia’, que terá lugar ao longo do sábado 25 de agosto nas inmediacións da Piscina ao Aire Libre de San Eleuterio. O horario será de mañá de 11.00 horas a 14.00 horas e de tarde de 16.00 horas a 21.00 horas, e durante todo o día cativos e maiores poderán disfrutar de xogos con elementos de construción, tirolina xigante, obradoiro de confeción de chapas, Photocall, tobogán na piscina…
Continúa en setembro
O mes de setembro continuará sendo un mes familiar no Concello de Mos. Outra actividade para gozar en familia será a excursión ao Parque Acuático de Amarante (Portugal) que se realizará o 8 de setembro e que, debido ao enorme éxito de afluencia que sempre acada, é o terceiro ano consecutivo que se ven realizando.
O prazo de inscrición nesta saída abrirase o vindeiro venres 20 de agosto e rematará o día 30 deste mes. As inscricións deberán formalizarse nas oficinas da OMIX no edificio Multiusos das Pozas ou no Rexistro Xeral do Concello de Mos.
Os menores de 4 anos poderán participar de balde nesta viaxe, mentres que o prezo para os nenos/as de 5 a 11 anos e para os maiores de 65 anos é de 10 euros, e para as persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 65 anos o prezo é de 15 euros.
Por último, e a través do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra, o Concello de Mos ofrecerá no Multiusos das Pozas un obradoiro de creación de xoguetes tradicionais titulado ‘Xogos e xoguetes tradicionais. Xogando en familia’. Impartirase do 3 ao 7 de setembro en horario de mañá e as beneficiarias serán as familias con nenos/as maiores de seis anos.
O prazo de inscrición nesta iniciativa abriuse hoxe e rematará o día 24 deste mes. As inscricións deberán formalizarse nas oficinas da OMIX no edificio Multiusos das Pozas ou no Rexistro Xeral do Concello de Mos.
Todas as actividades son totalmente gratuítas agás a excursión a Amarante, que conta con prezos moi populares e asequibles para que poida participar toda a familia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60