Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 18 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Incorpóranse dous bombeiros ao parque de Ponteareas

Nestes intres o servizo de bombeiros, que cubre as comarcas do Condado e A Paradanta, conta con doce bombeiros

[Img #43764]

 

O goberno de Ponteareas, a través da concellería de Seguridade Cidadá que dirixe Vanesa Fernández, ven de reforzar o servizo de bombeiros coa incorporación de dous bombeiros interinos.


Con esta incorporación o equipo de bombeiros de Ponteareas, que cubre as comarcas do Condado e A Paradanta, conta cun total de doce profesionais que atenden as emerxencia de incendios tanto en casco urbano como no rural.


Para Vanesa Fernández este incremnto de persoal mellorará o desenvolvemento do traballo diario deste equipo que atende a nove concellos e conta cun camión de dous mil litros, un camión cedido polo concello de Vigo e o Cometa, un vehículo en desuso que tan só se emprega en ocasións tan límite como a dos incendios de outubro de 2017. “A mellora do servizo tanto dende o punto de vista do aumento de persoal como de medios era un obxectivo prioritario para a miña concellería. Unha necesidade histórica que agora cumprimos ao contrario que durante os últimos anos do PP que tiña abandonado o servizo de emerxencias e extinción”.

 

 

 

 

A concellería de Seguridade Cidadá pregunta á Xunta se ten previsto algún dispositivo especial ante a nova situación climática

 

 

 


Fernández pregunta á Xunta de Galicia se ten previsto algún dispositivo especial ante o máis que evidente cambio climático que vai máis alá do período de alto risco previsto.


Hai uns meses Vanesa Fernández solicitou ao director Xeral de Emerxencias de Galicia un camión con maior potencia e maior cantidade de auga posible. A concelleira lembra que non é o mesmo atender unha emerxencia no casco urbano de Ponteareas que ir a calquera punto do rural das dúas comarcas.


A concelleira ten orzamentado un camión de bombeiros de catro mil litros de capacidade e catrocentos cabalos que sen equipar ascende a 300.000€ ao que habería que sumarlle o equipamento. Unha cantidade que o concello de Ponteareas no npode asumir sen a colaboración doutras administracións.


A concelleira explica que o director Xeral recoñece a necesidade deste novo vehículo e amósase en boa dispoción pero adiantou que sería preciso a colaboración da Deputación de Pontevedra asumindo unha parte da financiación. Pola súa banda, a concelleira ponteareá adiantoulle a súa predisposición a colaborar coa aportación económica correspondente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.