Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 18 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda presenta o novo deseño que lucirá o espigón do Porto

[Img #43799]

 

Baixo o concepto de «A Guarda escrita nas estrelas» o venres 17 de agosto foi presentado ante case medio cento de asistentes o novo deseño do pintado do espigón norte do Porto da Guarda, contando coa presenza dos artistas Alberto Brandon e Nuria Villa, o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Cultura, Elena Baz.


Segundo explicaron Alberto e Nuria, «sempre soñamos con facer este proxecto dende que comezamos a traballar xuntos, e tiñamos claro dende o inicio que levaría o noso estilo, pensando nos veciños que o miran día a día.» Os artistas decidiron centrar este proxecto en transmitir con mensaxes directos empregando xogos de palabras e iconografías, mesturando o sentimental e o histórico, para chegar ao corazón dos guardeses e que se recorde o pasado da nosa vila nun presente que non se esqueza.


O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, aclarou que «con este proxecto se pretende que o espigón continúe a ser un símbolo para a vila da Guarda, traballando nun concepto que represente á xente da Guarda e que sexa tamén unha atracción turística máis, contando para a súa confección coa participación da xente da vila».


A Concelleira de Cultura, Elena Baz, explicou aos presentes que «A Guarda está viva, A Guarda é moi bonita e abrimos con este proxecto un espazo para que a xente que así o desexe poda participar na súa confección, traballando tamén cos colexios e os nenos e nenas do municipio».


A primeira tarefa foi como concretar e unir, nun lenzo tan apaisado como é o espigón, toda esa posible iconografía e que teña un sentido único, para elo se tomou coma referencia o horizonte, onde o espigón elévase sobre o nivel do mar, decidindo crear un universo, un ceo estrelado onde a historia da vila da Guarda se amose en xeito de constelacións e planetas, empregando unha gama cromática extraída do propio entorno portuario.


A intención inicial dos artistas é a de dividir o espigón en tres espazos, dando cabida ás tres parroquias de A Guarda, Camposancos e Salcidos representando deste xeito o «universo guardés», e onde a parte literaria estará representada cun fragmento do libro «De mar a mar» do poeta Feliciano Rolán.


As diferentes escalas da iconografía non buscan que se vexan perfectamente dende as beiras do paseo ou dende o alto do Monte Santa Trega, senón que a xente teña curiosidade e se achegue ata o espigón para descubrir o que alí se vai a plasmar, xerando inquietude, movemento e tamén difusión deste proxecto artístico.


O resultado final, fará que o espigón do Porto da Guarda sexa un museo visual no que os veciños e visitantes da Guarda vexan, recorden e interactúen con boa parte da historia da nosa vila.


Sobre os artistas Nuvi & éxfico
Ela, a artista Nuria Villa "aka NUVI" ilustra e él, o deseñador gráfico Alberto Brandon "aka éxfico" debuxa tipografías, creando traballos que os teletransportan a unha existencia plena. Despois dunha viaxe reveladora a Xapón en 2014 e como hobby aos seus trabalos de fotografía e deseño para «Petit de la Crème», comparten as súas afeccións nun novo proxecto de forma totalmente manual, crean: A Guarda Souvenir Collection, como pura necesidade de crear souvenirs con paixón que representen o pobo onde viven. Ademais da súa marca de roupa éxfico clothing, comenzan a xurdir todo tipo de traballos para murais, eventos, identidades corporativas... nos que plasman a súa propia personalidade, debuxos cun aire divertido, cun toque naif e perfeccionista, ilustracións combinadas con lettering, onde a mensaxe e os detalles son moi importantes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.