Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 17 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Vinte e catro nenos e nenas coñecen os secretos da música da man da Agrupación Musical de Goián

O 24 de agosto, ao rematar o campamento, terá lugar, dentro do ciclo cultural de verán “O Son da Praza”, o espectáculo “Ei cantar coa Agrupación Musical de Goián”

[Img #43808]

 

Dende comezos desta semana, 24 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, asisten no auditorio de Goián, a unha nova edición do  Campamento Musical organizado pola Agrupación Musical de Goián, coa colaboración co Concello de Tomiño.


[Img #43810]Coma en anos anteriores, os/as participantes non son so de Tomiño, senón tamén doutros concellos da comarca, coma O Rosal, A Guarda, Tui ou Vilanova de Cerveira. As clases teñen lugar de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas, da man de tres expertos profes-monitores da Escola de Música de Goián. Tal e coma eles explican, “aínda que algunhas nenas e nenos xa teñen coñecementos musicais, para a maioría, este campamento é o seu primeiro contacto co mundo da música”, polo que se fai especial fincapé en chegar a eles, a través de xogos e dinámicas de grupo, obradoiros de creación de instrumentos, merendas saudables, “traballando cunha metodoloxía integradora que lles permite aprender a convivir na diversidade e na igualdade”.


O campamento finalizará o venres 24 de agosto, pudendo os e as participantes optar por asistir unha semana ou dúas, dependendo dos intereses e posibilidades.


Por outra parte, o mesmo día 24 de agosto, ao rematar o campamento, terá lugar, dentro do ciclo cultural de verán “O Son da Praza”, organizado polo Concello de Tomiño, o espectáculo “Ei cantar coa Agrupación Musical de Goián”. Trátase dun innovador formato musical no que se mesturarán as voces de Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Miguel Ladrón de Guevara coa música da banda, para interpretar cancións tradicionais galegas e boleros, nun homenaxe especial a “Os Tamara”. Será na Praza do Seixo a partir das 22.30 horas e con entrada gratuíta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.