MOS
Mos alcanza as 60.000 horas anuais de Servizo de Axuda no Fogar
O aumento anual de horas permitirá eliminar a lista de espera das persoas máis dependendes: os usuarios dos graos III e II
![[Img #43819]](upload/img/periodico/img_43819.jpg)
O Concello de Mos ven de recibir a notificación da Consellería de Política Social que dirixe o conselleiro José Manuel Rey Varela do reforzo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que permitirá aumentar o número de horas concedidas.
O incremento concedido pola administración autonómica ao Concello de Mos ascende a preto de 10.000 horas anuais (9.576 para ser exactos), acadando deste xeito un total anual de horas de preto de 60.000 (concretamente 59.460 horas anuais).
Grazas a esta ampliación de servizo, que será efectiva a partir do vindeiro 1 de setembro, o Concello eliminará a súa lista de espera nos grados III e II, que son relativos ás grandes dependencias e dependencias serveras, respectivamente. Facendo un cálculo anual, grazas ao incremento destas horas no SAF, darase servizo a todos os usuarios máis graves da lista de espera, os de grado III, que son un total de 5; tamén a todos os usuarios de grado II en lista de espera, que son outros 5; e a 11 usuarios da lista de espera de grado I. En total o aumento de horas anuais do Servizo de Axuda no Fogar en Mos permitirá dar cobertura a 21 persoas dependentes máis. A data de hoxe préstase servizo ó maior número de usuarios do SAF da historia do municipio, un total de 95 beneficiarios (79 de Dependencia e 16 de Básico).
Xa en setembro de 2017 a concellería de Política Social da Xunta de Galicia aprobara concederlle á administración local mosense 6.812 horas anuais máis para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), pero o incremento deste ano é aínda maior, de preto de 3.000 horas a maiores ao ascender case ata as 10.000.
Actualmente a media de idade dos usuarios do SAF en Mos ronda os 90 anos.
Os beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar son preferentemente persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu contorno inmediato, así comoi fogares con menores nos que se observa necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. O Servizo de Axuda no Fogar tamén dá unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias mosenses en risco de exclusión social.
Este servizo cobre asistencias ós beneficiarios nos seus respectivos domicilios tales coma atencións de carácter persoal na realización de actividades básicas na vida diaria, atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, atencións de carácter psicosocial e educativo e, con carácter complementario, este servizo tamén incorpora outros tipos de atención como actividades de acompañamento, prestación de atención a distancia, adaptacións funcionais do fogar, servizo de podoloxía e servizo de fisioterapia.
O SAF ten por obxecto prestarlles un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar, facilitando a permanencia no seu propio contorno de convivencia, favorecendo a súa calidade de vida e evitando ou retardando a súa posible institucionalización. Os obxetivos do Servizo de Axuda no Fogar son mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio, manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social; previr situacións de dependencia ou exclusión social, retardar ou evitar a institucionalización e reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60