Jueves, 01 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 23 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán pon o colofón ao verán co festival 'Rock in Patos' este sábado na praia

O grupo ferrolá Riff-Raff, que realizará un tributo a AC/DC, será precedido polo grupo da escena local Kalambrazo

[Img #43863]

 

O Concello de Nigrán pon este sábado o broche de ouro a dous meses de eventos musicais co novo festival 'Rock in Patos' dende as 19:00 horas no areal. Nesta primeira edición contará co grupo ferrolá Riff-Raff, recoñecidos como unha das mellores bandas nacionais de tributo a AC/DC, e con Kalambrazo, un dos grupos locais de rock máis respetados. No evento, no que colabora a Deputación de Pontevedra, non faltarán os food-trucks coa súa comida gourmet.

 

"Rock-in Patos é un festival que nace con vocación de permanencia, a idea é que peche cada ano a programación de verán do Concello de Nigrán e que esté adicado ao rock, o xénero probablemente que máis seguidores ten e que máis grupos reúne na comarca", explica o alcalde, Juan González, quen incide en que o festival "debe servir de plataforma para dar a coñecer as bandas máis locais". Ao igual que o Nigránjazz na Foz, o Vive Nigrán en Praia América-Lourido e o Solpor en Monteferro, Rock in Patos é unha oferta cultural e tamén unha  posta en valor dos mellores escenarios naturais de Nigrán.  Así, Rock in Patos debuta este verán, como foi o caso do Season Fest en Praia América e o Chan de Folk en Chandebrito.

 

O grupo ferrolán  Riff  Raff, coñecido polas súas versións de AC/ DC e que xa se relacionou con grandes do  hard rock como  Whitesnake, Los Suaves ou  Rosendo, ofrecerá en Patos dende ás 22:30 un concerto que promete facer vibrar ata ao máis tranquilo do local. Anteriormente, dende ás 20:30 horas, actuará Kalambrazo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.