Nigrán
UCN denuncia “falta de transparencia do alcalde” por non render contas do ano 2017
![[Img #43886]](upload/img/periodico/img_43886.jpg)
O partido independente Unión Centrista de Nigrán ( UCN), por medio do seu portavoz Antonio Fernández Comesaña, denuncia publicamente que “o alcalde Juan González -seis meses despois de finalizado o prazo-, aínda segue sen render as contas do pasado exercicio 2017, tal e como dispón o Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que no seu art. 191.3 establece como data tope antes do día primeiro de marzo do exercicio seguinte (…) cos graves prexuízos económicos que poida supoñer para o Concello, non só na perda de subvencións da Xunta, senón tamén, na retención dos Fondos nos Tributos do Estado, o que demostra unha grave irresponsabilidade política por parte do alcalde Juan González”.
UCN presentará un escrito de denuncia ante o Ministerio de Facenda, Xunta de Galicia e Consello de Contas, ao obxecto de que tomen cartas no asunto e “obriguen ao rexedor para render as súas contas de forma inmediata, e no seu caso, depurar as posibles responsabilidades e prexuízos que puidesen ocasionarse por quebrantos económicos á Facenda Local na actuación de funcionarios e autoridades responsables, por culpa, dolo ou neglixencia graves nas súas actuacións, dado o alarmante pasotismo do goberno local”.
UCN lembra que “non só por imperativo legal hai que presentar as contas en prazo -a pesar de ignorar as reiteradas queixas do noso grupo nos últimos plenos-, senón tamén, para dar cumprimento e información ao cidadán, de acordo co disposto na Lei de Transparencia e Bo Goberno, que lamentablemente este goberno parece ignorar e convertendo a Nigrán nun campión do escurantismo e falta de transparencia na xestión económica do goberno local socialista. Ou é que o alcalde ten medo a que a oposición lle fiscalice as contas?”.
Fernández Comesaña, asegura non entender “como un Concello que dispón de Interventor e Tesoureira -funcionarios con Habitación Nacional-, así como 9 funcionarios máis no departamento económico, sexa incapaz de cumprir en prazo coa rendición das súas contas, o que puidese ter repercusións negativas para os veciños, ao resultar case imposible poder dispoñer do Remanente de Tesourería -que poderá roldar os 5 millóns de euros-, para investir na execución de obras de vital importancia para os veciños e que ao alcalde parece non importarlle. O partido independente cumpriu o seu parte de responsabilidade no acordo asinado, pero polo momento, non pode dicirse o mesmo do alcalde, o que debería levarlle a unha seria reflexión sobre a súa xestión política á fronte do Consistorio, e demostrar que os seus compromisos e acordos asinados non queden en papel mollado, pola contra, a súa credibilidade quedaría seriamente cuestionada, conclúe o portavoz independente”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217