Deportes
Antonio Palmás e Brais Sánchez impóñense no 47 Descenso Internacional do Miño
![[Img #43889]](upload/img/periodico/img_43889.jpg)
Brais Sánchez e Antonio Palmás, do Club Piragüismo Vilaboa, proclamáronse campións do 47 Descenso Internacional do Miño que organizou o Club Kaiak Tudense Axuda Paramos. Ana Varela, Carla Pérez, Tania Fernández, Manuel Garrido e Iván Alonso foron os triunfadores noutras categorías. O Ciudade Pontevedra impúxose na clasificación por clubs.
Foi unha edición especial, xa que superou o seu rexistro histórico de participación. Máis de 600 padeeiros iniciaron en Salvaterra, como é tradicional, o percorrido de 17 quilómetros ata Tui. Precisamente a saída é un dos momentos máis espectaculares. E nesta edición non defraudou outra vez. A loita por coller a mellor posición foi intensa e iso provocou varios vuelcos.
Brais Sánchez e Antonio Palmás partían dentro do grupo de favoritos. Subiran ao podio durante varios anos. Imprimiron un forte ritmo, que só puido ser seguido por Diego Castro e Breixo Buján, tamén do Club Piragüismo Vilaboa. Ambas as embarcacións chegaron ao mesmo tempo ao tramo decisivo e xogáronse o triunfo nos últimos metros. Foi unha chegada moi igualada na que Brais Sánchez e Antonio Palmás tamén demostraron ter unha maior experiencia.
Lograron ser campións por primeira vez, nun Descenso do Miño que estivo marcado pola forte calor. Iso obrigou a todos os participantes a realizar un gran esforzo. Foi o caso de Iván Alonso, que desde hai unha semanas pertence ao Club Piragüismo Olívico, e que logrou ser o primeiro con claridade na modalidade de K-1. O tudense, que inicia unha nova etapa deportiva en Vigo, mostrou na chegada a súa emoción por conquistar o triunfo na súa categoría.
Manuel Garrido dominou tamén con autoridade en C-1. O compoñente do Kaiak Tudense Axuda Paramos demostrou atoparse nun bo momento de forma cando restan dúas semanas para que se dispute o Campionato do Mundo de Maratón. Para conquistar ese obxectivo leva varias semanas de adestramentos.
Tania Fernández, do Kaiak Tudense, foi a mellor en K-1 feminina, mentres Ana Varela e Carla Pérez Coya foron as gañadoras en K-2 feminino. Ademais das categorías sénior, tamén se estableceron clasificacións en cadetes, juniors e veteranos.
O Club Piragüismo Cidade de Pontevedra foi o campión ao superar en puntuación aos restantes 30 clubs que participaron no Descenso Internacional do Miño. O sgundo lugar ocupouno o Club Naval de Pontevedra e o terceiro posto foi para o Kaiak Tudense Axuda Paramos. O Ría de Aldán foi cuarto e o As Torres Romaría Viquinga terminou quinto.
O Descenso Internacional do Miño celebrou unha edición histórica, xa que á cita acudiron padeeiras de toda Galicia, de diversos puntos de España e tamén unha ampla representación de Portugal.
O Club Kaiak Tudense Axuda Paramos realizou un intenso esforzo para poder organizar o Descenso Internacional do Miño. É a súa regata máis importante da tempada e na que traballa de forma intensa durante varias semanas. Varios padeeiros axudaron no traballo loxístico desde primeira hora da mañá. Despois participaron na proba de competición. Unha vez finalizada a proba, a tempada non terminará para varios deles. A próxima semana disputarase o Mundial de pista en Momtemor ou Velho, no que participarán Roi Rodríguez e Rubén Millán. Un pouco máis tarde celebrarase o Mundial de maratón en Vila Verde, en Portugal moi preto de Tui. Nesa proba haberá unha ampla representación de padeeiras do Kaiak Tudense.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11