Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 26 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP esixe ao goberno municipal o mantemento óptimo do Centro de Servizos Sociais

"A situación do Centro de Servizos Sociais, tres anos despois da entrada do actual grupo de goberno municipal, demostra que ata o momento non se realizou ningún tipo de investimento. Á vista das imaxes, o estado no que se atopa a entrada a estas dependencias é lamentable”, en palabras do portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera, e "demostra que co abandono de zonas como o centro de lectura ou a cafetería, pechada desde hai 10 meses, parecen abocar á desaparición de lugar. Nin sequera os baños están operativos, pechados con chave".

 

“Isto é un verdadeiro acto de desprezo cara aos veciños que deberían utilizar este centro”, insiste González Carrera, “e lembremos que en Ponteareas hai máis de 2.500 persoas maiores de 65 anos. Este é un centro de encontro e debería estar aberto e en condicións de luns a domingo”.

 

O Centro de Servizos Sociais foi unha cesión da Xunta de Galicia en cuxo convenio, ao que tivo acceso ACiP, obriga ao concello a manter operativo o servizo que se presta ás persoas, así como o correcto estado das instalacións e o inmoble; “así vemos”, sostén unha vez máis o portavoz deste grupo, “que o concello non cumpre co acordado, mentres esixe a outras administracións que si respecten e executen os seus compromisos e acordos”.

 

ACiP quere denunciar publicamente "o estado actual deste centro e demanda unha solución inmediata ao goberno municipal de Ponteareas. Igualmente solicitou un informe á oficina técnica municipal para que confirme o grao de conservación e mantemento no que se atopa; tamén que verifique o estado dos chans, pois é zona de paso á planta superior, onde se sitúan os departamentos de servizos sociais e aos que diariamente acoden veciños e os propios traballadores".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.