A GUARDA
Obradoiro coas alfombristas guardesas este sábado
A Casa dos Alonsos da Guarda acolle este sábado día 25 de agosto ás 12:00h do mediodía un obradoiro/demostración das alfombras florais, que cada ano enchen de cor as rúas guardesas polo Corpus Christi. Unha actividade complementaria que se inclúe dentro da Exposición Así Somos, que se atopa neste espazo dende o pasado 20 de xullo.
O Obradoiro «Alfombras», de carácter aberto e para todos os públicos, contará coa colaboración da recentemente creada Asociación Cultural de Alfombras da Guarda, onde explicarán o traballo da confección das alfombras florais na Guarda, como funciona esta interesante labor, de recollida previa de flores, follas, así coma os deseños que ano a ano se realizan para esta ocasión e que atraen a numerosos visitantes á vila guardesa.
Dende o Concello da Guarda convídase á cidadanía e aos visitantes desta tempada estival a coñecer este traballo e a participar neste obradoiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149