O PORRIÑO
A "incompatibilidade de datas" deixa sen celebración o VI Triatlón Concello do Porriño
Os compromisos deportivos e a programación das Festas do Cristo fan imposible a súa celebración
Tralo terrible suceso acontecido na parroquia tudense de Paramos o pasado mes de maio, a organización do VI Triatlón Concello do Porriño decidía suspender a celebración da proba deportiva, ao atoparse Tui de loito oficial e sendo o municipio o punto de partida coa súa proba de natación no río Miño.
Esta suspensión levada a cabo como consecuencia da explosión pirotécnica, deixou sen posibilidades reais de nova data, ao estar saturadas ata o mes de setembro as datas concedidas pola Federación Galega de Triatlón -FEGATRI-.
Pese a contemplar todas as posibilidades para a realización da sexta edición da proba deportiva, a nova data que se barallaba era a do 9 de setembro, pero debido a que o día anterior celébrase o Campionato Galego de Acuatlón 2018 en Poio, non se garante o número mínimo de participantes para o VI Triatlón porriñés.
Ademais, a coincidencia coas actividades programadas polo Concello para as Festas do Cristo e outras probas deportivas xa datadas por Fegatri, fan que sexa inviable a localización dunha nova data que se axuste a esta sexta edición. Por iso, dende o concello sinalan que "vémonos no deber de comunicarlles que estas circunstancias obrígannos a tomar a decisión de suspender esta actividade".
"Lamentamos profundamente esta suspensión por todos os nosos deportistas e como non, polos mais de 200 voluntarios e traballadores que fan posible este evento. Dende hoxe mesmo, traballamos para a realización do Triatlón 2019" sinalan dende o Concello do Porriño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11