MOS
Mos inicia os procesos de licitación das obras de humanización en Cela e San Eleuterio e da senda de Torroso
Son tres proxectos de importancia capital para o municipio, polo que o Concello quere axilizar o seu inicio todo o posible
![[Img #43927]](upload/img/periodico/img_43927.jpg)
O Concello de Mos abrirá esta semana o procedemento de licitación de tres obras de importancia capital para o municipio. Trátase da senda peonil e ciclista de Torroso e as humanizacións en Cela e no acceso a San Eleuterio, parroquia de Tameiga. Para os tres proxectos está solicitada subvención con cargo ao Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra á espera de resolución por parte da administración provincial. Co inicio deste proceso de licitación anticipada dende o Concello perséguese o obxectivo de axilizar o inicio de tres obras vitais para a localidade mosense e para a súa veciñanza.
Será un procedemento aberto no que se valorarán melloras ao proxecto de obra nas ofertas das empresas licitadoras que se presenten a concurso.
A senda de Torroso acometerase na Estrada de Adrovello, que é un viario municipal que comunica o Núcleo de As Pozas (Parroquia de Petelos) co Núcleo Rural de Seixabre (Torroso), abarcando unha lonxitude total de 1.4 Km.
Esta estrada é moi transitada por peóns, pero carece de itinerarios peonís seguros, e dispón dun ancho moi reducido, de apenas 5 metros de calzada aglomerada, o cal aumenta o perigo, máis se cabe, porque é o viario de acceso a varios equipamentos deportivos (Pavillón Óscar Pereiro, Espazos de xogos…) dotacionais (colexios), culturais (Pavillón Multiusos) e Patrimoniais (Castro de Torroso).
A nova senda peonil/ciclista permitirá comunicar, de forma segura, os dous núcleos, poñer en valor o Castro de Torroso e mellorar o trazado das curvas máis perigosas. Ademais mellorarase tamén a seguridade viaria mediante colocación de reductores de velocidade, adaptación da drenaxe e optimización da sinalización.
A humanización en Cela realizarase na Estrada Xeneroso Domínguez, entre a PO-331 e a contorna parroquial de San Pedro de Cela é un viario transitado por vehículos e peóns, cun ancho estreito, duns 5 metros e actualmente carente de beirarrúas.
Por iso, o Concello de Mos cre necesario mellorar a seguridade do viario e humanizar a contorna nunha primeira fase, o que inclúe a execución dunha nova beirarrúa de 337 metros de longo e de 2 metros de ancho na marxe esquerda (parte Norte do viario) entre a PO-331 e o Camiño da Quinta.
A beirarrúa executarase no espazo definido para a infraestrutura viaria no PXOM vixente. A actuación permite aumentar a seguridade dos peóns así como mellorar nalgúns puntos o trazado viario. Tamén se realizará o deseño de nova iluminación eficiente e soterramento da rede aérea de iluminación, ademais de mellora da drenaxe, mellora da sinalización e redución da velocidade con Redutores Físicos de Velocidade.
Por último, na humanización do acceso a San Eleuterio, parroquia de Tameiga, mellorarase tamén a seguridade viaria na contorna da urbanización mediante a creación dun novo itinerario peonil seguro que dá continuidade ao existente na Estrada Temeiga-Pereiras, ao Oeste, e chega á Ermida de San Eleuterio, onde se continúa polo Camiño da Levantada, ata a vía de servizo da Autovía A-55, ao Norte.
Esta nova beirarrúa, de polo menos 1.80 metros de ancho, axústase ás aliñacións viarias definidas no PXOM-2017 e garanten a seguridade do tránsito peonil entre as vivendas e os equipamentos (Campo de Fútbol, Ermida de San Eleuterio ou Escola Infantil Galiña Azul de Cototorrón).
O ancho da calzada auméntase naquelas zonas onde hai estreitamentos perigosos, sempre axustándose ás aliñacións do plan.
Con isto, conséguese non só aumentar a seguridade dos peóns, senón mellorar nalgúns puntos o trazado viario, e por tanto a seguridade do tramo.
A actuación compleméntase cos muros e movementos de terra necesarios para ampliar a sección viaria, e tamén con obras complementarias, como o deseño de nova iluminación eficiente, a adaptación da drenaxe ou a mellora da sinalización.
A inversión da que requerirán estas tres obras é a seguinte: proxecto de humanización de Gatesende á Igrexa de Cela 500.000 euros, Senda Peonil de Torroso 393.379,65 euros e mellora dos accesos a San Eleuterio: 254.449,77 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60