PROVINCIA
Mañá remata o prazo para poder participar no DepoDesafío da Cañiza
A terceira etapa do reto que organiza a Deputación de Pontevedra consistirá nun trail polos montes cun percorrido de 15 quilómetros con subidas, baixadas e vistas espectaculares
![[Img #43944]](upload/img/periodico/img_43944.jpg)
A Deputación de Pontevedra organiza este domingo, día 26 de agosto, a terceira proba do programa “Depo Desafío 2018”. Trátase dun trail polo concello da Cañiza cun percorrido, duns quince quilómetros, no que se alcanzarán as cimas de montes con espectaculares vistas e se superarán multitude de obstáculos, o que fai desta proba unha experiencia única e inigualable.
Este próximo venres remata o prazo para anotarse a esta nova proba dos “Depo Desafío”, para a que xa hai anotadas máis de 100 persoas e quedan dispoñibles 50 prazas. Quen queira inscribirse pode facelo na páxina web da Deputación de Pontevedra. Para participar haberá que calzar zapatillas de trekking para adaptarse ás subidas e baixadas do percorrido e ter máis de 18 anos.
A proba deste domingo na Cañiza chega despois dos “Depo Desafío” de Tomiño e O Grove. Será en setembro cando chegue a cuarta cita co “Depo Desafío BTT” polo concello de Cerdedo-Cotobade, e en outubro, será a última cita en Vigo cun tríatlon na modalidade distancia sprint con 750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 de carreira.
“Depo Desafío 2018” enmárcase no Plan Estratéxico de Deportes e consiste nun novidoso proxecto dirixido a persoas maiores de 18 anos no que se combinan probas deportivas como carreira, bicicleta e natación. Os principais obxectivos deste programa son popularizar estas probas deportivas, ao tempo que se dan a coñecer as extraordinarias vilas e paraxes por onde se desenvolven, así como promover e concienciar á poboación sobre a práctica do deporte popular no medio natural dunha maneira respectuosa, sustentable e responsable.
En cada unha das cinco probas hai unha gañadora e un gañador que obterán un trofeo. Con todo, soamente gañarán o “Depo Desafío 2018” a muller e o home que finalicen ao menos 4 probas e consigan o maior número de puntos. Tanto a gañadora coma o gañador recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón de Berlín, que inclúe voo e aloxamento para el/ela e acompañantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217