Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21
Jueves, 23 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

En marcha a nova avenida de Tomiño que ordenará o crecemento da vila e mellorará a súa conectividade

[Img #43997]

 

O 9 de agosto de 2018 será lembrado en Tomiño como o día de inicio das obras da nova avenida que rodeará O Seixo, unha infraestrutura que acadou o acordo de tres administracións diferentes (Deputación, Concello e Xunta de Galicia) para retirar o tráfico de paso do núcleo da vila, permitir un desenvolvemento ordenado do municipio e a súa conectividade cunha maior calidade urbana para a veciñanza. Para facer honra á importancia do evento, a presidenta da Deputación Carmela Silva, o deputado Uxío Benítez, a alcaldesa Sandra González, e o xefe territorial de Infraestruturas José Luís Díez Yáñez, protagonizaron un acto oficial para poñer a “primeira pedra” da obra e soterrar no inicio da traza unha cápsula do tempo na que se incluíu documentación sobre o proxecto, xornais do día e moedas de curso legal.


Todos os representantes institucionais concordaron en que a xornada foi histórica para o municipio. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou a "enorme importancia desta obra demandada desde fai moito tempo polas veciñas e veciños de Tomiño, xa que se estaba a xerar un grave problema de conxestión de tránsito de vehículos que había que solucionar canto antes".


Silva tamén destacou que "este proxecto é unha mostra máis da nova política de mobilidade e seguranza que puxo en marcha esta Deputación desde a nosa chegada ao Goberno". Na mesma liña sinalou que "a Deputación de Pontevedra estase a converter nunha referencia pola nosa aposta por un urbanismo amable e unha recuperación de espazos públicos para as persoas. Temos moi claro que a seguridade viaria é unha das nosas prioridades". Rematou afirmando que "unha administración seria, rigorosa, responsable e do século XXI ten que poñer en marcha proxectos coma este".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.