GALICIA
A AXEGA colabora en Portugal con drons para avaliar a zona afectada polo incendio de Lindoso e Soajo
Esta acción levouse a cabo no marco do protocolo ARIEM 112 para a colaboración transfronteiriza en situacións de emerxencias, como o incendio que afectou ás freguesías veciñas do distrito de Viana do Castelo
![[Img #44037]](upload/img/periodico/img_44037.jpg)
A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) da Xunta de Galicia colaborou coa Autoridade Nacional de Protección Civil de Portugal mediante o emprego do equipo de drons co fin de coñecer os efectos provocados por un lume que afectou ás freguesías veciñas de Lindoso e Soajo (termo municipal de Ponte da Barca) dentro do distrito de Viana do Castelo. Esta acción realizouse ao abeiro do protocolo ARIEM 112 para a colaboración transfronteiriza en materia de atención ás emerxencias.
Deste xeito, a participación dos técnicos da AXEGA centrouse na utilización dos drons para a valoración dos danos provocados polo incendio e o traballo realizado polos recursos e efectivos de emerxencias que puxo fin ao lume declarado nunha zona lindeira coa provincia de Ourense.
A participación dos técnicos da Axencia Galega de Emerxencias centrouse no emprego de drons co fin de valorar a zona e garantir a completa extinción do lume
Así, unha vez máis, a estreita colaboración coas autoridades lusas en materia de emerxencias e a boa sintonía entre os compoñentes dos diferentes grupos de acción e intervención quedan patentes a través dos resultados obtidos a raíz dunha nova activación do programa de asistencia recíproca interrexional en emerxencias entre Galicia e o Norte de Portugal, que neste caso, buscaba garantir que o incendio producido a pasada semana no país veciño estaba completamente extinto e descartar riscos para ambos os dous lados da fronteira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104