VIGO
Caballero loa o "prestixio do Gran Premio Cidade de Vigo" de ciclismo, que toma esta fin de semana Areal, Porta do Sol e O Castro
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que 400 ciclistas vanse dar cita este sábado e domingo (25 e 26) no Areal, Porta do Sol, Praza do Bicentenario e monte do Castro na cuadraxésimo quinta edición do Gran Premio Cidade de Vigo de ciclismo, no que competirán equipos de Galicia, Asturias, Castela-León e, moi probablemente, Portugal
![[Img #44046]](upload/img/periodico/img_44046.jpg)
O Club Ciclista Vigués, organizador do campionato dende os anos 70, asegurou a través do seu presidente, Carlos Vidal, que unha proba así "no centro, nunha arteria que ten a estación de ferrocarril e o domingo cruzando dende a Porta do Sol ata o Castro, require unha loxística tremenda". De feito, o club contará con medio cento de voluntarios, ademais do apoio da Policía Local e de Protección Civil.
"Son corenta e cinco edicións que lle dan un prestixio", sostivo o rexedor, que lembrou que o sábado (16:30) no Areal haberá probas para todas as categorías (e de velocidade para Elite e Sub-23), mentras que o domingo (9:30) haberá a crono-escalada. Polo tanto, todas as idades, dende os principiantes ata os Elite/Sub-23, terán probas.
Deste xeiro, Areal será un xigantesco circuíto urbano por terceiro ano consecutivo. O protagonismo principal será dos Elite e Sub-23, que vivirán o sábado, neste chamado Díptico de Galicia, unha carreira de fondo (20 voltas), unha de sprints (15 voltas con sprint cada tres) e unha de eliminación.
O domingo, quenda para os escaladores primeiro cunha crono-escalada entre Porta do Sol e O Castro (3,5 quilómetros) ás 9:30 horas e despois (12:00) unha subida dende a Praza do Bicentenario (cruzamento de Camelias con Venezuela) ao monte do Castro por Marqués de Alcedo e Manuel Olivié, dando varias voltas ao circuíto Paseo dos Cedros-Paseo Cronista Álvarez Blázquez, quince para os Elite e Sub-23 e cinco para cadetes, júniors e féminas.
"O ciclismo é unha actividade de beleza extraordinaria, pero as bicis son a modernidade e tamén queremos que Vigo teña carrís bici e o que estamos a facer vai moi avanzado", explicou Caballero.
Ao acto asistiu tamén o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz, ademais de varios ciclistas das categorías de formación do Club Ciclista Vigués.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104